"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Renovación do Pacto Antikomintern asinado en Berlín en 1940 entre Alemaña, Italia e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto notarial en galego-portugués que se descubriu en 2001 no arquivo da Torre do Tombo de Lisboa, dentro do fondo da Mitra de Braga (mazo 1, doc 26A) e datado ao redor de 1173, polo que se convertería no máis antigo texto coñecido, orixinal e datable, en galego-portugúes. Trátase dun pacto de non agresión e axuda mutua establecido entre dous nobres miñotos, Gomes Pais e Ramiro Pais, cunha validez de dous anos, e escrito en letra carolino-gótica arcaica, único exemplo coñecido deste tipo de contrato. O seu verso foi reutilizado, unha vez caducado o acordo, para dar conta dunha compravenda datada o 15 de abril de 1175, escrita en letra gótica. As circunstancias políticas que se reflicten no texto parecen apuntar a que foi redactado entre 1169 e 1173. Linguisticamente presenta unha maioría de elementos romances fronte aos latinos, tanto na morfoloxía como na sintaxe, destacando os do ámbito da morfoloxía verbal, moito menos permeable ao romance.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de padecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das revistas Cultura Gallega e Galicia en temas de cultura e historia, publicou Amores e dolores (1932), un libro de poemas prologado por R. Otero Pedrayo, en que trata os temas do amor e das lembranzas, así como as paisaxes e os grandes feitos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, humorista e pintor. Foi un dos fundadores do xornal El Miño e subdirector de Vida Gallega (1924-1927), onde publicou o primeiro debuxo humorístico en 1916 e da que foi colaborador ata 1935. Traballou tamén noutras publicacións, como Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Semana de Tui, ademais de participar en diferentes mostras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias da Degolada (Baleira) e Paradavella (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 958 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Marido actual dunha muller respecto a os fillos que esta achega ao matrimonio.

      2. Persoa que ten un trato cruel cos seus fillos polo que é considerado un mal pai.

    1. Pequeno anaco de pel que se levanta ao redor das unllas das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rodolfo Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pagar.

      1. Cantidade de diñeiro que se paga a alguén por un traballo ou un servizo.

      2. Cantidade que se considera fracción do importe total dunha cousa, e que se satisfai periodicamente ata a liquidación da conta.

    2. Compensación de carácter físico ou moral por ter feito algunha cousa.

      1. Saída de efectivo, rexistrada como un abono na conta de caixa.

      2. pagamento electrónico

        Sistema de pagamento por medio de tarxetas magnéticas. Creado polo sistema bancario e baseado no uso de sistemas electrónicos da informática e da telemática, significou, con relación aos clientes, a redución da utilización de cartos en efectivo e escriturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Nicasio Pajares, estableceuse en Uruguay e Arxentina, onde fundou o diario El Despertar Hispano e colaborou en revistas como Alfar, Fomento de la Instrución Gallega, España e Mundo Argentino. Xa de volta en España, dedicouse a escribir novelas de tema americano e ton humorístico, como Teatro de la emigración (1922), El conquistador de los Trópicos (1923), coa que deu comezo o subxénero de “novela de ditadores”; e El pensador en la selva (1925). Tamén foi autor de obras como Don Quijote y Tío Sam (1930) e Cómo pervirtieron a Palleiros (1931). En xullo de 2004, as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela, no marco da mostra Padrón, berce de escritores, tentaron recuperar a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos fósiles, da familia dos castóridos, que presentaban características similares ás dos actuais castores pero co corpo robusto e de gran tamaño. Viviron en América do Norte durante o Mioceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á consoante prepalatal que se articula no límite entre os alvéolos e o padal duro, tendo como articulador inferior a punta ou a rexión predorsal da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao padal e á úvula.

    2. Pequeno músculo do padal brando que se insire na apófise palatina e na úvula. Contribúe á elevación e ao acurtamento do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de investigación instrumental que se emprega en fonética para obter unha imaxe da zona de contacto entre a lingua e o padal nunha articulación dada. A marca do contacto conséguese aplicando sobre a lingua unha fina capa dunha substancia coloreada que deixa unha pegada no padal ao producirse un movemento articulatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato principal que se emprega en palatografía, que consiste nunha serie de espellos regulables que iluminan o interior da boca dun informante para fotografar a zona de contacto que a lingua produce no padal nunha articulación dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da zona de contacto palatal que a lingua deixa mediante o método da palatografía.

    VER O DETALLE DO TERMO