"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Peza de madeira cunha parte circular, en que están dispostos orificios en cruz, e un mango, usada antigamente nas escolas para castigar os alumnos baténdolles con ela na palma da man.

    2. Especie de candeeiro baixo que ten un mango ou asa e un pé en forma de prato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Defensor dos ideais socialistas, fundou en Mosteiro a Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos, baixo os auspicios da UGT. Redactou os regulamentos e estatutos deste novo partido, legalizado o 2 de outubro de 1933. Foi correspondente do xornal La Voz de la Verdad e escribiu o folleto pedagóxico Didáctica modernista (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido palmítico. Dos sales metálicos, que se coñecen como xabóns, destacan o monopalmitato de aluminio, Al(OH)2(C16H31O2), que se emprega como impermeabilizante nas industrias de curtido, papel e téxtiles, e o palmitato de cinc Zn(C16H31O2)2, que se emprega como aditivo do caucho e lubricante na industria dos plásticos. Dos alcalinos, o sódico e o potásico interveñen na composición de moitos xabóns de baño. Entre os ésteres destacan o palmitato de cetilo, principal compoñente do espermaceti, e a palmitina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que se dá a diversas palmeiras de América meridional, especialmente á especie Euterpe Edulis, que presentan brotes comestibles.

    2. Gromo tenro e comestible da especie de palmeiras Euterpe Edulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos máis importantes representantes do pop art en Portugal. Posteriormente evolucionou cara a unha figuración esquemática e de intenso colorido. Comezou a expoñer en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico que se sitúa a 180 km ao NL de San Diego (California), no Mount Palomar, a 1.710 m de altitude. Forma parte dos Hale Observatories xunto co observatorio Wilson. Comezou a construírse en 1928 baixo a dirección do astrónomo G. E. Hale, pero ata despois da Segunda Guerra Mundial non comezou a funcionar o seu telescopio reflector xigante que mide 5 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do número de eritrocitos, de leucocitos e de plaquetas no sangue periférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do páncreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pancreat(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilarello (Cervantes). O seu cumio acada os 1.011 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e historiador da arte italiano. Profesor na Universidade de Nápoles desde 1942, especializouse en restauración de monumentos e centros históricos e destacou como investigador. En 1949 traballou para a UNESCO. Escribiu biografías de Palladio (1960), Ferdinando Fuga (1956) Bernini (1953) e Gaudí (1962), ademais de I Rinascimento nell’Italia Meridionele (1977) e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folleto impreso de moi poucas páxinas, de carácter xeralmente político e difusión clandestina, no que se ataca violentamente a alguén ou algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado no pantoque do barco ao ser este levantado por unha onda e chocar coa seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.

    2. Epíteto aplicado a Deus Pai, símbolo da fe, e ás representacións artísticas de Xesús Cristo como señor dos cristiáns que aparecen nas ábsidas e cúpulas das igrexas. Característico da arte bizantina e románica, represéntase sentado e en actitude de bendicir coa man dereita e cos Evanxeos na man esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de aplicar o pantógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que serve para copiar, ampliando ou reducindo a vontade, un plano, un mapa, ou en xeral un debuxo calquera. Está constituído por catro regras articuladas formando unha reixa. Unha das regras ten un punto que permanece fixo, outra está provista dun estilete con que se segue o debuxo orixinal que se quere copiar, e unha terceira ten un lapis que vai debuxando a copia do orixinal.

    2. Estrutura metálica articulada, con forma de paralelepípedo, que sostén o arco de catenaria nalgúns sistemas de tracción eléctrica e asegura o contacto permanente co cable de contacto da catenaria mediante un sistema de resortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na comarca de La Sagra, ao NL de Toledo (2.773 h [2001]). A elaboración de aceites e fariña, xunto coa fabricación de materiais de construción, son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO