pantocrátor
pantocrátor
(< grΠαντοχράτωρ‘todopoderoso’)
-
s
m
[MIT]
Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.
-
s
m
[ARTE/RELIX]
Epíteto aplicado a Deus Pai, símbolo da fe, e ás representacións artísticas de Xesús Cristo como señor dos cristiáns que aparecen nas ábsidas e cúpulas das igrexas. Característico da arte bizantina e románica, represéntase sentado e en actitude de bendicir coa man dereita e cos Evanxeos na man esquerda.