"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Lo Spagnoletto, de moi novo marchou a Roma, onde viviu intensamente a nova maneira introducida por Caravaggio e asistiu á Accademia Nazionale di San Luca. Despois estableceuse en Nápoles, onde recibiu a protección dos representantes da Coroa de Castela, o duque de Osuna e o conde de Monterrey. Recibiu encargos importantes e un gran número das súas obras chegaron á Península Ibérica. O seu estilo evolucionou de maneira inversa ao de Caravaggio, pois foise aclarando progresivamente, evolución que se aprecia en Calvario da colexiata de Osuna (1616-1620), Trinidad (1636?) e El sueño de Jacob (1639). A composición das súas obras está equilibrada mediante o debuxo e a cor. O dominio do debuxo manifestouno nos gravados. Entre as súas obras destacan tamén Isaac bendiciendo a Jacob (1637), El Nacimiento (1643), La Adoración de los pastores (1650), La Piedad (1637), La Purísima...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Foi director do Centro de Documentación Europea e deputado no Congreso de los Diputados polo CDS (1986-1989). Publicou Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudo de la población en Galicia (1961-1975) (1978) e Representaciones gráficas de datos estadísticos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formado no taller dos Mora, seguiu a tradición de Pedro de Mena e de Alonso Cano. Pintou Esponsales de santa Catalina e Coronación de santa Rosalía para a catedral de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi comandante xeneral da Mariña en Ferrol. Colaborou na Revista de Marina e publicou Visicitudes del Cuerpo de Infantería de Marina (1940), Datos tácticos y logísticos resumidos (1943), Manual del infante de Marina (1944) e Historia de la Infantería de Marina española (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e profesor. Foi secretario xeral do goberno preautonómico de Galicia (1978-1979) e participou na redacción do Estatuto de Autonomía. Foi deputado no Congreso por UCD (1977-1978) e polo PP na VI e VII lexislaturas (1996-2004), alcalde de Pontevedra (1979-1991) e vicepresidente do Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Recibiu a Medalla al Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi senador electo polo PP na IV e V lexislatura (1989-1996), alcalde de Vilagarcía de Arousa (1983-1991) e membro da xunta directiva nacional do PP ata que militou en Independientes por Vilagarcía (IVIL). Presidiu o consello de administración de FEXDEGA (1983-1991), a Mancomunidade de Concellos de Arousa (1983-1991) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor colombiano. Formou parte do parlamento colombiano e figurou nas delegacións que foron a México (1921), Perú (1924) e Cuba (1928). Iniciouse como poeta modernista de tendencia parnasiana, que reflectiu nos sonetos inseridos en Tierra de promisión (1921). Publicou unha única e importante novela, La Vorágine (1924). Xunto a Ricardo Güiraldes e Rómulo Gallegos foi un dos iniciadores da novela hispanoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista uruguaio. Xefe do Partido Colorado, foi ministro de Guerra (1829) e primeiro presidente da República de Paraguay (1830-1834 e 1839-1843). Tivo que resistir ao enfrontamento de Manuel Ceferino Oribe, do Partido Blanco, que tiña o apoio do presidente arxentino Juan Manuel de Rosas. Á fin da guerra civil propuxeron unha presidencia tripartita, Juan Antonio Lavalleja, Venancio Flores e Rivera, pero morreu antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Ingresou na Unión Liberal en 1858 foi deputado polo distrito de Ortigueira (1858-1863), pola sección da Coruña (1865-1871) e senador pola Coruña (1871-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista e escritor filipino. Coñecido como José Rizal, en 1888 fundou en Hong Kong a Liga Filipina, de signo independentista. Publicou as novelas Noli me tangere (1887), onde denunciaba a tiranía colonial española, e El filibusterismo (1891). Foi fusilado despois de escribir o poema “Adiós a mi patria”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Protasio Rizal Mercado y Alonso Realonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Decantado pola temática indíxena e popular, das súas obras destacan Leyendas mexicanas (1862) e Noche al raso (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Consagrouse coa obra En la ardiente oscuridad de A. Buero Vallejo, aínda que tamén destaca a súa interpretación como Max Estrella en Luces de Bohemia, de Valle Inclán, e a de Calígula, na obra de Camus. Da súa filmografía destacan Don Juan Tenorio (1952), Muerte al amanecer (1959), Proceso a Jesús (1973) e Larga noche de los bastones blancos (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O xornalismo e a política acapararon boa parte da súa actividade, aínda que tamén destacou como pensador e educador. Esencialmente ecléctico e idealista liberal, aceptou do empirismo o que é cientificamente válido. Espiritualista decidido, propugnou a procura do home americano dentro do panamericanismo. Escribiu Ariel (1900), Motivos de Proteo (1909), El Mirador de Próspero (1913), Nuevos motivos de Proteo (1927) e Los últimos motivos de Proteo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Recoñecido orador e ideólogo, foi presidente da Segunda Liga da Mocidade Republicana e director do semanario Globo. En 1935 emigrou a EE UU. Das súas obras destacan Páscoa feliz (1932), Saudades para Dona Genciana (1956), Gente de terceira classe (1962) e O milagre segundo Salomé (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Coñecido como João Verde, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Colaborador de Vida Gallega e A Terra Minhota, onde escribiu textos en galego, fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra amosou as vivencias e os seus sentimentos cara á paisaxe miñota. É autor de Musa Minhota (1897), N’Aldeia (1890) e Ares da Raia (1902), en que emprega a lingua galega para compoñer algunhas coplas populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito, foi profesor titular de historia do dereito na facultade de dereito da Universidade de Vigo. Escribiu Notas sobre la estrutura y funcionamiento del consejo de inquisición, Observaciones sobre la Administración de Justicia en Guipúzcoa durante el antiguo régimen e El Consejo de la Suprema Inquisición: perfil jurídico de una institución (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Gudiña 1956) Etnógrafo. Estudou as tradicións e os costumes do surleste ourensán, Sanabria e Trás-os-Montes. Publicou Catalogación dos muíños fariñeiros (1992), Máscaras de Entroido no Sureste Ourensán (1998), A Gudiña, historia, arte e natureza (2000), Así falan na Gudiña (2000), Terras das Frieiras (2002), con E. Rivas Quintas, e Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca (2004), con A. Lourenço Fontes. Foi autor do conto “O lobo de Transilvania” de Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Recibiu o Premio Antonio Fraguas en 1998 e 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO