Rodríguez Cruz, José
Rodríguez Cruz, José
(A Gudiña 1956) Etnógrafo. Estudou as tradicións e os costumes do surleste ourensán, Sanabria e Trás-os-Montes. Publicou Catalogación dos muíños fariñeiros (1992), Máscaras de Entroido no Sureste Ourensán (1998), A Gudiña, historia, arte e natureza (2000), Así falan na Gudiña (2000), Terras das Frieiras (2002), con E. Rivas Quintas, e Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca (2004), con A. Lourenço Fontes. Foi autor do conto “O lobo de Transilvania” de Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Recibiu o Premio Antonio Fraguas en 1998 e 2002.