"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Fío retorto que se usa como enfeite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade cultivada de col co talo leñoso e groso na madurez, follas anchas, firmes, comprimidas e apiladas estreitamente unhas sobre outras formando unha cabeza compacta de formas variables. As follas externas que normalmente se eliminan, son fibrosas e presentan unha cor verde intensa, mentres que as internas son brancas e carnosas e máis apreciadas para comer. As flores son pequenas e amarelas ou brancas agrupadas en acios axilares e froito en silicua. Para o seu desenvolvemento necesita un alto aporte de nitróxeno, e emprégase para o consumo humano e animal. É un alimento importante na gastronomía galega, xa que se emprega habitualmente na elaboración de pratos típicos como o caldo e o cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é baixo e groso.

    2. Que ten aspecto de estar ben mantido e san.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista española fundada en Madrid en 1945. De periodicidade cuadrimestral, publícase baixo o auspicio do Instituto de Estudios Políticos e dedícase fundamentalmente á análise da economía española, como tamén á divulgación de traballos teóricos e traducións de artigos estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1992. Coordinada por José A. Brandariz, constituíuse no voceiro da Asociación Profesional de Funcionarios do Corpo da Policía Municipal de A Coruña. Incluíu disposicións lexislativas sobre tráfico e seguridade vial, análises da problemática do tráfico na Coruña e algúns apartados especiais sobre política, deportes e aspectos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista francesa de economía creada en 1890 por C. Gide, E. Villey e A. Jourdan. De periodicidade bimensual, recolle as principais achegas teóricas e de economía aplicada dos economistas franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (10.597 h [2001]). A gandaría bovina e ovina, ten un claro predominio sobre a agricultura. Destaca a industria metalúrxica, téxtil e papeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Ripoll. Fundado cara a 879 polo conde Wifredo I de Barcelona, a igrexa foi erixida polo conde Oliba no s XI. Foi un dos centros culturais máis destacados de Europa. A igrexa tiña cinco naves con acceso ás capelas laterais a través de machóns con arcadas de medio punto e cabeceira con sete ábsidas. A portada do mosteiro, de mediados do s XII, organízase arredor dunha porta central con arcos concéntricos sobre columnas flanqueadas por relevos escultóricos con escenas do Antigo e do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Barcelona (30.235 h [2001]). Posúe unha industria moi diversificada, onde destacan os sectores de transformacións metálicas, construción e materiais para construción, téxtil, confección e calzado, química, e papel e cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enzima de síntese capaz de polimerizar os ribonucleósidos trifosfatos e formar poliribonucleósidos utilizando como molde o DNA (RNA-polimerase dependente de DNA) ou o RNA (RNA-polimerase dependente de RNA).

    2. Enzima RNA-polimerase que cataliza reaccións de síntese de RNA sen necesidade de moldes e sen unha secuencia definida. Produce unha lise das cadeas vellas de RNA utilizando P i , de forma que se obteñen nucleótidos libres a nivel difosfato.

    3. Enzima RNA-polimerase de transcrición que require un molde de DNA, catro ribonucleósidos trifosfatos e catións divalentes. O alongamento da cadea realízase mediante o enlace do grupo 3’-hidroxil da ribosa ao 5’-fosfato do nucleósido que se une. OBS: Tamén se coñece como transcritase.

    4. Enzima RNA-polimerase implicada na réplica do virus de RNA de dobre cadea. Require os catro ribonucleósidos trifosfatos, un molde de RNA e catións divalentes. É análoga ao RNA-polimerase dependente de DNA.

    5. Enzima RNA polimerase constituído por unha soa cadea polipeptídica, de peso molecular 64.000, cunha actividade non afectada pola á-amantina senón que se inhibe coa rifampicina, a acriflavina e a actinomicina D. OBS: Tamén se coñece como RNA-polimerase IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei anxevino de Nápoles e conde de Provenza (1309-1343), fillo de Carlos II de Nápoles e de María de Hungría. Polos tratados de Oloron e de Canfranc foi liberado en hospedaxe, con algúns irmáns seus, por Afonso III de Aragón (1288), que os retivo ata 1295. Foi herdeiro do trono e duque de Calabria ao ser feito rei de Hungría o seu irmán maior, Carlos Martel. Converteuse rei ao morrer o seu pai (1309). Defendeu o dereito de Nápoles ao dominio de Sicilia, organizando unha invasión que destruíu moitas cidades, pero fracasou diante da resistencia dos sicilianos. Ao morrer Federico II de Sicilia (1337), enviou unha nova armada contra o novo rei, Pedro II de Sicilia. Ocupou Lipari (1339) e despois Milazzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (5.341 h [2001]). A súa agricultura é de regadío e cultívanse hortalizas e laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Alcalde do concello de Cedeira durante cinco lexislaturas (1979-1999) e desde 2003. Foi membro da Deputación Provincial da Coruña (1983-1987; 1991-1995) e senador electo polo PP pola Coruña (1993-2000). Foi conselleiro da Mutualidad Nacional de Previsión de la Administración Local (1983-1987) e do consello superior da Función Pública do Estado (1987-1991). Foi vicepresidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Galicia e do da Coruña e recibiu a Cruz ao Mérito Naval con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico croata. Estudou as hormonas, como a testosterona. Recibiu o Premio Nobel de Química (1939), compartido con A. Butenandt, polas súas invetigacións sobre a síntese orgánica de polimetilenos e terpenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Polígrafo. Cursou a carreira sacerdotal en Herbón, que tivo que abandonar por motivos de saúde. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca e diplomado en Letras pola Universidad de Madrid, foi profesor de música e de historia da arte medieval. En 1969 organizou a I Exposición do Románico do Baixo Miño e en 1978 fundou o Grupo Cultural Amigos del Románico, do que foi director. Realizou numerosos estudos sobre a arte románica e o monacato en Galicia, e foi director de diversas agrupacións musicais como a Escolanía do mosteiro de Santa Cruz del Valle de los Caídos, a Coral Polifónica e o Coro Encantiños do Umia, de Caldas de Reis, e a Masa Coral Polifónica de E. D. de Pontevedra. Colaborador de numerosas publicacións, das súas obras destacan El Monacato en Galicia (1972, Premio Daniel de la Sota), La cultura del románico en Galicia (1972), Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra (1973, Premio Daniel de la Sota), Comarcas históricas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Coñecido como Zoë von Rodenbach, as súas novelas, das que destaca Die geschiedene Frau (A muller divorciada, 1870), evocan dunha maneira pesimista a vida familiar. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu orixe á creación do termo ‘masoquismo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Despois dunha viaxe por diversos países do Mediterráneo, e influída por Costa i Llobera, comezou a escribir unha poesía marcada pola relixiosidade, que reflectiu en Poesies (1910), Espigues en flor (1926), El retorn (1934), Llepolies i joguines (1946) e Lluneta del pagès (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista. Coñecido como Tip, comezou a súa traxectoria artística no teatro, en 1944, e despois na radio, formando parella con Joaquín Portillo como Tip y Top e, tras a morte deste, en 1969, con José Luis Coll como Tip y Coll. Nesta segunda etapa acadaron un grande éxito no cine, na radio e, especialmente, na televisión, cun humor absurdo e dislocado con trazos semellantes aos de Groucho Marx.

    VER O DETALLE DO TERMO