repolo

repolo
Nome científico: [Brassica oleracea varcapitata, Fam das brasicáceas]
s m [PLANTA]

ariedade cultivada de col co talo leñoso e groso na madurez, follas anchas, firmes, comprimidas e apiladas estreitamente unhas sobre outras formando unha cabeza compacta de formas variables. As follas externas que normalmente se eliminan, son fibrosas e presentan unha cor verde intensa, mentres que as internas son brancas e carnosas e máis apreciadas para comer. As flores son pequenas e amarelas ou brancas agrupadas en acios axilares e froito en silicua. Para o seu desenvolvemento necesita un alto aporte de nitróxeno, e emprégase para o consumo humano e animal. É un alimento importante na gastronomía galega, xa que se emprega habitualmente na elaboración de pratos típicos como o caldo e o cocido.

Palabras veciñas

repolgar | repolgo | repollento | repolo | repoludo -da | repoñer | repor