"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

      1. Acción de traficar.

      2. tráfico de drogas

        Comercio de substancias ilegais.

      3. tráfico de escravos

        Comercio realizado con persoas destinadas á escravitude. Iniciouse co transporte de negros africanos a América. A pesar de que xa existía na Baixa Idade Media dirixido a Europa, cobrou un novo impulso co descubrimento do novo continente. Despois das prohibicións establecidas por diferentes países, a ONU aprobou en 1956 un convenio internacional de prohibición do tráfico de seres humanos.

      4. tráfico de mulleres

        Comercio efectuado con mulleres destinadas á prostitución.

    1. Transporte ou desprazamento de mercadorías.

    2. Circulación de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enganar con mentiras ou mesturar moitas cousas para crear confusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • trampulleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que se basea nunha gravación gráfica automática que permite recoller os cambios de forza elástica do sangue durante o proceso da coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para practicar a tromboelastografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse con L. Pintos Fonseca e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cursou as especialidades de pintura, gravado e mural (1956-1961). Completou a súa formación nos Países Baixos, como gravador, e en Italia, como muralista. Evolucionou desde o expresionismo (Compostela, 1978) cara á abstracción e o informalismo, facéndose cada vez máis manifestas as características cubistas (Gaiteiro gris, 1993; Cabeza, 1994) e futuristas. Tendeu a darlle un maior colorido ás escenas (Diálogos, 1984), xogando coa variabilidade de tons e poñendo moito coidado na consecución de texturas. Representou escenas figurativas, con personaxes extraídos do mundo da farándula (Pitonisa, 1993; Trasnos na vila, 1996), como arlequíns, pallasos, monicreques (Soño de marionetas, 1998) ou bailarinas (Danzarinas, 1994), ademais de temas musicais como Liña melódica (1986), Homenaxe a Haydn (1987-1988) e Concerto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de filtración, complementaria da diálise, que se efectúa empregando papel de filtro impregnado con colodión ou con xelatina endurecida. Deste xeito, acádanse uns tamaños de poro o suficientemente pequenos para permitir a separación de substancias en fase coloidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome oficial da República Surafricana desde 1910 ata 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional de xeógrafos fundada en Bruxelas en 1922 para o estudo dos principais problemas de dominio xeográfico. O primeiro congreso realizouse en Anveres en 1871, e desde entón organiza cada catro anos un congreso internacional de xeografía, e cada dous anos intermedios organiza conferencias rexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Funcionario colonial, en 1810 uniuse aos independentistas. Foi lugartenente de Simón Bolívar e, en 1830, asumiu o poder tras a dimisión do presidente Pedro Mosquera. Posteriormente foi ministro de Guerra e Mariña (1837-1839 e 1842-1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da uretra despois da introdución dunha substancia de contraste aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura da uretra, especialmente para ocluír unha fístula uretral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía das vías urinarias ou dunha das súas partes, mediante a inxección dun contraste radiopaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de deseño e comunicación fundada en Vigo en 1975 polo publicista e deseñador Carlos Núñez. Consolidada como núcleo de deseñadores creativos, destacou pola planimetría e a perspectiva aérea elaborada para as cidades galegas e polo deseño da tipografía galega medieval Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor e guionista. Traballou na produtora de Cesáreo González, Suevia Films, como auxiliar de dirección, conselleiro literario de guións, director xeral de produción e no departamento de publicidade. En 1969 fundou Argumento Films, coa que produciu Más allá del río Miño (1969) e Tres suecas para Rodríguez (1975). Ademais, traballou na escrita de guións como Los felices divorciados, Mi hija, su amante y yo e Un millonario ligón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concertista e profesor de piano. Formado en Madrid con J. Forns e Conrado del Campo, ampliou os seus estudos en diversos países europeos e EE UU con recoñecidos pianistas, como A. Cortot, Schnabel e Backhaus. A partir de aí iniciou unha ampla xira de concertos que o levou a todo o mundo. Creador e director da serie La aventura de la música, para TVE, foi profesor do Conservatorio de Madrid e director do Liceo Musical de Alcalá de Henares. Recibiu o I Premio de Virtuosismo de Piano do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de exploración cardiolóxica que permite coñecer a corrente de acción do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Lugo nas Cortes Constituíntes de 1931 polo Partido Radical e despois integrouse en Izquierda Republicana. Tras o levantamento militar de 1936, foi detido e acusado de auxilio á rebelión. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO