"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos que interveñen na formación dos gametos masculinos. Inclúe unha serie de divisións celulares que se producen nos tubos seminíferos dos testículos, unha vez o animal chega á madurez sexual. A formación dos gametos comprende a proliferación das células xerminais ou espermatogonias, o crecemento das espermatogonias formadas para dar lugar aos espermatocitos de primeira orde, a fase redutora que comprende dúas divisións consecutivas dos espermatocitos, unha que dá lugar aos espermatocitos de segunda orde e outra que orixina catro espermátidas haploides, e a maduración ou espermioxénese, que consiste na transformación de cada espermátida nun espermatozoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula sexual masculina. Nas plantas, os espermatozoides denomínanse anterozoides. Nos animais, os espermatozoides prodúcense por un proceso de espermatoxénese. Un espermatozoide animal componse dunha cabeza, en que se localiza o núcleo, que contén o material cromosómico hereditario, e dun flaxelo ou cola, que actúa como aparato propulsor. A metade anterior do núcleo está recuberta polo acrosoma. A lonxitude total dos espermatozoides dalgúns sapos pode ser de máis de 2 mm. Non obstante , a maioría dos espermatozoides teñen un tamaño microscópico, como é o caso dos espermatozoides humanos, en que o tamaño oscila entre 50 e 70 μm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espermatozoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espermat(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto do aparato reprodutor masculino dos animais heterogámicos por onde circulan os espermatozoides dende os testículos ata o medio externo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espermat(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de maduración das espermátidas que sofren unha serie de modificacións no núcleo e no citoplasma da célula ata converterse nos espermatozoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espermat(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase os froitos que, ao abrirse de súpeto, expulsan violentamente as sementes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo do esperma recollido asepticamente.
-
-
Cavidade en forma de picnidio, propio de diversos ascomicetos, que produce, no seu interior, espermacios.
-
conidianxio.
-
Anteridio das algas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Análise do esperma que consiste no estudo do número, da morfoloxía e da funcionalidade dos espermatozoides. É un dos procedementos empregados para avaliar a fertilidade masculina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de sementes feita con fins científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de espiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de espiral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de esponxa ou que é semellante a ela.
-
-
Persoa que aparenta ter ou ser máis do que é.
-
Persoa pouco animosa e sen iniciativa.
-
Persoa alta, delgada e sen xeito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado no mosteiro de Antealtares o 7 de xuño de 1458 polos membros da nobreza e algúns concellos pertencentes ao arcebispado de Santiago para defender os seus intereses e limitar o poder do arcebispo sobre a terra de Santiago. Entre os asinantes estaban os concellos de Santiago, Noia e Muros, e nobres como Bernaldo Eanes de Moscoso, Pero Bermudes de Montaos, Sueiro Gomes de Soutomaior, Lopo Péres de Moscoso e Xoana de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que é moi sensible a pequenas variacións de temperatura.
-
GALICIA
Pintora. Coñecida como Menca Estévez, licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca (1993) e realizou estudios de doutoramento na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Foi profesora de primaria e secundaria de educación plástica e visual. Na súa obra, con características do informalismo, dominan os tons ocres e sienas, a preocupación pola materia e unha presenza constante da memoria, entendida como imprescindible para construír a exacta idea da realidade. Destacan, entre outras, as series Recipientes de memoria, Terra seccionada, Constelacións e Signos da memoria. Participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias de Arte Xoven Galega, na I Bienal Priego de Oliver (Ourense, 1995), no II Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997), na III Bienal Pintor Laxeiro (1997) e na III Exposición Arte e Solidaridade, Proxecto Home Galicia (2000). Entre as exposicións individuais que realizou destacan...
VER O DETALLE DO TERMO