"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto italiano. Formouse e traballou en Siena con Il Pinturichio, e en Roma con Raffaello Sanzio (1516-1517). Construíu e decorou dúas salas da Villa Farnesina en Roma (1508-1511), dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano a partir de 1520 e, en 1535, comezou o Palazzo Massimo alle Colonne, un dos primeiros exemplos do manierismo arquitectónico romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Gironde, na rexión de Aquitania, Francia, situada no SO de Bordeos (56.851 h [1999]). É o centro dunha importante comarca vinícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta simbolista portugués. Despois de finalizar os estudos de dereito, en 1894 marchou a Macau, onde foi profesor de filosofía e xuíz. Alleo aos movementos literarios, desde o seu autoexilio en Macau influíu na obra dos autores da xeración de Orpheu. Próximo á obra de Paul Verlaine, as súas creacións líricas, moi escasas, publicáronse en 1920 co título de Clepsidra. Traduciu tamén diversas obras de poetas chineses e, postumamente, apareceu a recompilación de ensaios China (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. Establecido coa súa familia en República Sudafricana, volveu a Lisboa en 1905, onde traballou como tradutor de inglés para diversas empresas e para algunha editora inglesa interesada en recompilar obras de autores portugueses. Comezou a escribir en portugués en 1908, e os seus primeiros traballos foron os ensaios de crítica aparecidos na revista A Águia (1912), e posteriormente colaborou noutras publicacións como Orpheu e Presença. Considerado como un dos introdutores en Portugal dos movementos de vangarda, en 1914 entrou en contacto con outros vangardistas portugueses, como Mário de Sá-Carneiro e Almada-Negreiros, e xurdiron os seus principais heterónimos, Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis, personaxes que, á marxe do autor, posúen biografía e estilo propio. Alberto Caeiro “mestre” de R. Reis e de Á. de Campos, é un poeta instintivo, sensual e antimetafísico; Ricardo Reis...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. A súa obra, editada maioritariamente en castelán, destaca polo tratamento que realiza dos temas galegos. Colaborador de diversas publicacións periódicas coas súas narracións, é autor de Portoceo (1983), Las gemelas de Fornelos (1984), La taberna de Bergantiños (1986), Una dama de altos vuelos (1987), Contos e lembranzas (1987), en que aparecen diversos personaxes galegos, tratados con realismo e humor; Amalia la del 288 (1989), Un berro no silencio da noite (1993) e La historia de Alí (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado e reformador sueco, irmán de Olof Petersson. Coñecido como Laurentius Petri, estudou en Wittenberg e na escola de Lutero. Desde 1531 foi arcebispo de Uppsala. Traduciu integramente, co seu irmán, a Biblia (1541) e publicou un himnario (1555) e unhas ordenanzas (1561).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador sueco, irmán de Lars Petersson. Coñecido como Olaus Petri, foi diácono en Strängnäs e director da escola catedralicia. Ao ser acusado de herexía, Gustavo I de Suecia, de quen era conselleiro, fíxoo chanceler do reino (1539). Condenado a morte polo rei por opoñerse ao intervencionismo real na Igrexa, foi indultado e converteuse en pastor principal de Estocolmo (1543). Traduciu integramente, co seu irmán, a Biblia (1541)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou no conservatorio de Santa Cecilia de Roma, onde foi profesor desde 1939. Despois dun primeiro período neoclásico, abandonou a tonalidade cun Magnificat (1940) e Coro di morti (1941), e adoptou o método dodecatónico. É autor da música do filme Riso amaro (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fotográfico creado en 1902 en Nova York. Promovido por Alfred Stieglitz e George L. Beam, propuña desenvolver a fotografía ata lograr un uso pitórico, reunir a todos os americanos preocupados pola arte e promover mediante exposicións a artistas que non pertencesen ao propio grupo, incluso de fóra de EE UU. Máis tarde romperon co pictorialismo e apostaron pola fotografía moderna, a imaxe pura sen manipulacións e unha temática baseada nas máquinas e na vida urbana. Neste grupo participaron fotógrafos como Edward Steichen ou Gertrude Käsebier, que publicaron os seus traballos no órgano de expresión do grupo, Camera Work. Desapareceu en 1917.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación, nunha partitura musical, que indica que ese fragmento marcado debe ser interpretado cunha sonoridade moi suave. OBS: Adóitase indicar pp ou ppp.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (16.333 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura de regadío, sobre todo o cultivo de cítricos, aínda que van en aumento os sectores secundario e terciario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pablo Ruiz Picasso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe redactado polo xeneral Juan Picasso González en 1922 sobre as causas que levaron á Desfeita de Annual. Foi presentado nas Cortes en xullo de 1921 e cualificaba de temeraria e neglixente a actuación dos mandos españois. O golpe de estado de 1923 detivo a investigación ata 1931.
-
PERSOEIRO
Literato e eclesiástico italiano. Nomeado arcebispo de Patras (1574), quedou como auxiliar do bispo de Siena. Autor de obras de astronomía, como Delle stelle fisse, foi o primeiro en clasificar as estrelas alfabeticamente coas letras latinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista francés. En 1933 realizou o Hôtel Latitude 43 en Saint-Tropez e, xunto con Mallet-Stevens, o Pavillon de la Lumière da Exposición Universal de París de 1937. Tamén foi autor da urbanización de Saarbrüken e do Mémorial de la Déportation, na illa da Cité (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carlo Dossi, a súa orixe nobre permitiu que recibira unha coidada formación. Desenvolveu a carreira diplomática ata que se dedicou á arqueoloxía. A súa obra literaria, comprendida dentro da scapigliatura, abarca unha nova técnica estilística. É autor de L’altrieri: nero su bianco (1868), Vita di Alberto Pissari (1871), La colonia felice (1874) e La desinenza in A (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Nos seus inicios recibiu influencias de Camille Corot, Jean-François Millet e Gustave Courbet (La Còte du Jallais à Pontoise, 1867), pero desde 1876 achegouse ao grupo dos impresionistas (La Route de St Germain à Louvenciennes, 1870). Durante a Guerra Franco-prusiana (1870-1871), refuxiouse con Monet en Londres, onde se interesou polas paisaxes de Joseph Turner. A partir de 1874 participou en todas as exposicións do grupo impresionista e cultivou a representación da paisaxe natural e da vida campestre (Les Toits Rouges, 1877), aínda que tamén pintou escenas de rúa parisienses, como Boulevard Montmartre, Printemps (1897). Practicou o puntillismo (Soleil de Printemps dans le pré à Eragny, 1887), pero na súa derradeira etapa volveu ao impresionismo máis libre, realizando series sobre un mesmo tema. Destacan os seus Autoportrait (1873 e 1903). Tamén cultivou o gravado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e artista gráfico, fillo de Camille Pissarro. Fortemente influído polo grupo impresionista, practicou tamén o puntillismo. Fundou a Eragny Press en Hammersmith e o Camden Town Group e foi membro do London Group. Destacou pola súa contribución á difusión e a compresión do impresionismo e do postimpresionismo no Reino Unido. Das súas obras destacan Queen of the Fishes (1894), a acuarela La Frette ou as augafortes Café de Province nº II (1888), Nini (1895) ou The Children (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, duque de Richelieu. Despois da derrota de Napoleón I Bonaparte, sucedeu a Charles Maurice de Talleyrand-Périgord como primeiro ministro (1815). Dimitiu pola oposición do conde de Artois, o futuro Carlos X de Francia (1818). En 1820 volveu ao cargo, que abandonou un ano despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e cardeal. Coñecido como o cardeal Richelieu, estaba destinado á carreira militar pero abandonouna para ocupar o beneficio familiar do bispado de Luçon (1606). Deputado do clero nos Estados Xerais de 1614 e apoiado polo partido “devoto”, conseguiu a través de Concino Concini, home de confianza da raíña rexente María de Medici, ser nomeado secretario de Estado (1616). Proclamada a maioría de idade de Luís XIII, foi nomeado cardeal en 1622, e posteriormente xefe do Consello Real (1624). Durante o seu ministerio político sufocou as conspiracións da alta nobreza e enfrontouse aos hugonotes, que conseguiu eliminar de La Rochelle e Languedoc (1627-1629). Fomentou o absolutismo rexio fronte ao poder da aristocracia e cimentou o prestixio de Francia como potencia europea. Creou unha frota de guerra para enfrontarse a Inglaterra (Guerra de La Rochelle), controlar os portos da coroa francesa e protexer o gran comercio. A combinación dunha política antihugonotes no interior do estado,...
VER O DETALLE DO TERMO