"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Okrug autónomo da oblast’ de Irkutsk, Rusia (22.400 km2; 143.800 h [estim 1999]). A súa capital é Ust’-Ordynskij (10.693 h [1970]). Está atravesado polo río Angara e destaca na súa economía a extracción de carbón e de xiz, o cultivo de cereais e a gandaría bovina e ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘de ambos os dous dereitos’. Empregouse para indicar que unha norma, un precepto ou unha lei se recollen tanto no dereito civil coma no canónico. Utilizouse en ablativo (in utroque iure) para indicar que un avogado tiña as dúas licenciaturas (dereito civil e dereito canónico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de regata e balandro de vela deseñado en 1952 por J. J. Herbulot, que se caracteriza por ter 4,08 m de eslora, 1,47 m de manga, 95 kg de peso e 8,10 m2 de superficie de vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador e guionista cinematográfico. Columnista de El Ideal Gallego na década de 1970, colaborou en diversos cineclubs, festivais e mostras de cine galego e realizou un documental para o COAG sobre a demolición do edificio Castromil de Santiago. Traballou como guionista de Veneno puro (1984) e en longametraxes como Continental (1989). Na década de 1990 iniciouse en labores de dirección e produción, primeiro como axudante de Miguel Castelo, e logo coa fundación da produtora Fenda filmes/Os filmes da fenda, para a que dirixiu A metade da vida (1994) e Arde amor (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión que se produce nas zonas estreitas dos condutos polas que circulan fluídos, e que se pode prever a partir do teorema de Bernoulli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Foi profesor en Modena e París. Estudou cuestións relacionadas coa calor, a óptica, as cores e os sons audibles. Destacan as súas investigacións sobre os fluídos, en que deu a coñecer o tubo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Defendeu a validez dunha arquitectura baseada en solucións particulares, e deulle importancia á decoración e á presenza de elementos simbólicos. Deseñou a Guild House (1961) e a Franklin Court (1972), en Philadelphia; a ampliación do Allen Memorial Art Museum, en Ohio (1973); a ampliación da National Gallery de Londres (1991), ou o pavillón dos EE UU da Exposición Internacional de Sevilla (1992). Publicou Complexity and Contradition in Architecture (1966) e Learning from Las Vegas (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo, inventado por G. B. Venturi (1797), que se emprega para medir o caudal dun fluído que circula polo interior dun cano. Consiste nun estreitamento que se intercala nun conduto e crea unha diferenza de presión entre a parte ampla e a estreita, que é proporcional ao cadrado do caudal que o atravesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de cuarzo compacto e avermellado que ten pebidas de mica na súa masa. Foi empregada en bixutería polos seus reflexos dourados característicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Carelia, Rusia, situada ao NO de Leningrado. É un porto no golfo de Finlandia (81.000 h [1987]). Foi fundada no s XII e foi punto estratéxico de Carelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado ao S da capital provincial e bañado polo río Carrión (4.978 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SL da capital provincial (1.797 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Investigou as fermentacións, a nutrición, os enzimas e o metabolismo das plantas. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1945 polos seus traballos sobre a química agrícola e da alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou con André Derain en Chatou, durante máis dun ano, de onde parte a súa fase máis característica, con formas tendentes ao dramatismo e cores puras. En 1905 expuxo no Salon des Indépendants e no Salon d’Automne. Atraído por Cézanne, estruturou máis os seus cadros e, máis tarde, a súa pintura volveuse máis realista, razoada e expresionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escopofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Foi director do Atlas Cultural e Lingüístico da cultura asquenasita. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Das súas obras destacan Languages in Contact. Findings and Problems (1953) e Explorations in Semantic Theory (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e biólogo británico. Fixo estudos sobre a difracción dos raios X que permitiron a Watson e Crick propoñer un modelo nuclear do ácido desoxirribonucleico (1953). En 1962 compartiu con estes dous investigadores o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tamén traballou na separación de isótopos de uranio para o proxecto Manhattan que creou a bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (16.389 km2; 293.300 h [estim 1995]). A súa capital é Muang Xaignabouri (13.775 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de xantina nos ouriños. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO