Venturi, tubo de
Venturi, tubo de
[METROL]
Dispositivo, inventado por G. B. Venturi (1797), que se emprega para medir o caudal dun fluído que circula polo interior dun cano. Consiste nun estreitamento que se intercala nun conduto e crea unha diferenza de presión entre a parte ampla e a estreita, que é proporcional ao cadrado do caudal que o atravesa.