"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Pintor e tenor. Como pintor destacou como paisaxista. A súa obra caracterizouse por un estilo que se move entre o realismo e o impresionismo, co predominio da representación de temas humanos en actitude de labor e as romarías ou tradicións folclóricas galegas. Sobresaen, así mesmo, as mariñas dominadas pola cor azul escura e as formas e ondulacións, como un espectáculo inspirado na natureza. Destacan Faro Vilán, A Virxen da Barca e Casos na Costa da Morte. Como tenor coñeceu varias óperas de Verdi, Pucini, Donizetti e Arrieta. Participou en recitais e obras de teatro en España e no estranxeiro. Recibiu o Premio Fontainebleau Huellas de Oro de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político boliviano. En 1941 fundou o Movimiento Nacional Revolucionario. Gañou as eleccións presidenciais (1951), pero a oposición dereitista fíxoo recorrer a un alzamento popular (1952) que o mantivo no poder ata 1956. Reelixido (1960), foi deposto polos militares e expulsado do país (1964). Permaneceu na oposición durante o goberno de H. Siles Zuazo ata que ocupou de novo a presidencia (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Bos Aires. É autor da novela Da emigración. Notas dun galego (1936), obra con trazos autobiográficos en que trata o tema da emigración galega en América desde un punto de vista pesimista. Tamén publicou Galicia, tierra de peregrinar (1988), en que identifica o sentimento da morriña con Galicia; e O Adán que non quixo voltar ô paradiso (1992), en que analiza o desarraigamento dun galego na capital arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Forma parte da comisión galega de delimitación territorial e dirixe o grupo de traballo de xeografía para as probas de acceso á universidade no sistema universitario galego. Destacan as súas obras Geografía rural del municipio de Tordoya (1987), La trama de los asentamientos rurales en las Rías Bajas gallegas (1994) e, con X. M. Santos Solla, Bibliografía de xeografía de Galicia (1990), O declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e territorio: As parroquias galegas nos últimos cen anos (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que vai a pé.

    2. Obreiro que realiza traballos non especializados, ou que fai de axudante dun oficial, xeralmente na albanelería ou nos traballos do campo.

    3. Persoa que está ás ordes doutra.

      1. Cada unha das 16 pezas do xogo do xadrez, 8 brancas e 8 negras, que ao comezar a partida están situadas na segunda liña. Só se poden mover cara a adiante un cadro, e sempre pola mesma columna, agás cando matan, que o fan en diagonal. Cando un peón chega á oitava liña, pode ser convertido en calquera outra peza, menos en rei.

      2. Cada unha das 24 pezas, 12 brancas e 12 negras, do xogo das damas.

    4. Soldado de infantaría que combatía a pé.

    5. buxaina.

    6. piarda.

    7. arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico da poesía grega e latina, composto por tres sílabas breves e unha longa, que se combinan de xeitos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo peón.

    2. Individuo do pobo peón.

    3. Pobo de Macedonia que se refuxiou nos altos vales do Vardar. Foron dominados polos persas e contra o 360 a C invadiron Macedonia e conseguiron unha certa autonomía. Pasaron ao poder dos romanos despois de ser vencidos por Lisímaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao peón ou viandante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que peca ou que ten propensión a facelo.

    2. Que é un malfalado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de pechar ou pecharse.

      2. Acción e efecto de encerrarse voluntariamente nun recinto en sinal de reivindicación.

    1. Acción e efecto de facer cesar ou ter fin a actividade de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é capaz de hidrolizar a pectina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade biolóxica acuática formada por organismos que, adheridos ao substrato pola base, constitúen un coxín ou unha cotra compacta que a miúdo se endurece por precipitacións minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da voz percibida na auscultación. A voz parece proceder directamente do peito e dá a sensación de que as palabras están ben articuladas.

    2. Pectoriloquia que aparece en casos de derramos pulmonares extensos, cando o enfermo fala marmexando en voz baixa. Na auscultación do tórax séntense as palabras ben articuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • protopectina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • protopectinase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • protopectinase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apropiación indebida do diñeiro público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pedir.

    VER O DETALLE DO TERMO