Paz Míguez, Antón

Paz Míguez, Antón

Escritor. Emigrou a Bos Aires. É autor da novela Da emigración. Notas dun galego (1936), obra con trazos autobiográficos en que trata o tema da emigración galega en América desde un punto de vista pesimista. Tamén publicou Galicia, tierra de peregrinar (1988), en que identifica o sentimento da morriña con Galicia; e O Adán que non quixo voltar ô paradiso (1992), en que analiza o desarraigamento dun galego na capital arxentina.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Pobra do Caramiñal