"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Estudiou na Escuela de Periodismo, Radio y Televisión de Madrid. Iniciou a súa andaina na radio cos programas Los hombres del Atlántico e Otras tierras de España. No ámbito teatral publicou Yo, el hombre (1972), galardoada co primeiro premio no IX Certamen Nacional de Teatro para la Juventud, e Nuria o la niña muda (1973), coa que obtivo o primeiro premio no X Certamen Nacional de Dramatización. Escribiu tamén o sainete La herencia (1974), o conto musical Mila y el mar (1975) e os contos Soledades e La vida, la muerte y el río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade autónoma de Etiopia (154.000 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Zimbabwe, situada no altiplano de Mashonaland (872 km2; 1.478.810 h [1992]). Centro dunha fértil comarca agrícola, posúe manufacturas de tabaco, de produtos conserveiros e industria eléctrica. Foi fundada en 1890 co nome de Lord Salisbury e ata 1979 mantivo ese topónimo: Salisbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elementos materiais das máquinas informáticas e, particularmente, dun ordenador e os seus periféricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a Asociación Internacional para a Consciencia de Krixna, seita fundada en Nova York, en 1966, por Bhaktivedanta Swami Prabhupada (1896-1977), hindú orixinaria de Calcuta e establecida en EE UU en 1966. Os seus adeptos visten túnicas, e os homes levan a cabeza rapada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena inglés. Ten unha longa traxectoria vinculada a compañías como Portable Theatre, Joint Stock Theater, Nottingham Playhouse ou a institucións como o Royal Court Theatre e o National Theatre. Nos seus textos déixase sentir a influencia do cine e destacan pola axilidade e a brillantez dos diálogos, así como por un compromiso permanente coa denuncia da corrupción e da hipocrisía da orde social burguesa. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Slag (1970), England’s Ireland (1972), Teeth’n’Smiles (1975), Plenty (1978), A Map of the World (1983), Pravda (1985), Racing Demon (1990), Absence of war (1993), Skylight (1995), Amy’s View (1997) ou The Judas’s Kiss (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Centrou o seu labor filosófico no intento de resolver os problemas formulados polo emotivismo de C. L. Stevenson, quen manifestara que as discusións éticas non eran descritivas. Malia mostrarse de acordo con isto, considerou que, mentres que para os emotivistas estas expresións pretenden influír sobre a conduta, soamente serven de guía para a conduta. Xa que logo, o discurso ético é prescritivo, polo que a súa postura coñécese como prescritivismo. Ocupouse tamén da liberdade e manifestou que é posible ser ceibe e xulgar racionalmente en cuestións morais, é dicir, elixir libremente e á vez seguir principios e argumentacións racionais. Entre as súas obras sobresaen The Language of Morals (1952), Freedom and Reason (1963), Applications of Moral Philosophy (1972) e Essays on Religion on Education (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da casa destinada nos países islámicos a ser residencia das mulleres e dos nenos ata os 10 anos.

    2. Conxunto das mulleres dun musulmán. O Alcorán permite a cada fiel a posesión de catro mulleres lexítimas e dun número ilimitado de concubinas entre as súas escravas.

    3. Conxunto de femias que, nos animais polígamos ou sociais, fecundan cun determinado macho na época de procreación e coidan da súa prole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. Obtivo numerosos éxitos no teatro, tanto en Londres como en Broadway. Paralelamente traballou tamén en cine, destacan os filmes Blithe Spirit (1945), My Fair Lady (1964, Oscar 1965) e The Honey Pot (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade métrica de superficie equivalente a cen áreas, é dicir, un hectómetro cadrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da forza muscular que afecta a unha parte do corpo. É un grao inferior de hemiplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Jarama, da conca do Tajo. Nace en Sierra Ministra, no límite provincial entre Soria e Guadalajara. Pasa por Guadalajara e Alcalá de Henares (Madrid) e desemboca en San Fernando de Henares despois dun curso de 113 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filántropa. Coñecida como Tareixa dos demos, dedicou a súa vida a acoller e coidar na súa casa mulleres enfermas e sen recursos. Antes de morrer doou todos os seus bens á congregación da Virxe das Dores para a construción dun hospital da caridade que levaría o seu nome. En 1946, o concello da Coruña deu este nome ao trofeo de fútbol destinado a recadar fondos para a beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, vizconde de Templewood. Membro do Conservative Party, foi deputado en numerosas ocasións e ministro de Educación (1931) e de Asuntos Exteriores (1935). No goberno de N. Chamberlain foi ministro de Interior (1937-1940) e apoiou o Pacto de Múnic (1938). Churchill nomeouno embaixador en España (1940-1944) coa misión de manter neutral a Franco durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa. Coñecida como Dame Margot Fonteyn, en 1934 debutou por primeira vez e converteuse na principal bailarina do Sadler’s Wells e do Royal Ballet. Foi presidenta da Real Academy of Dancing desde 1954. Está considerada como unha das mellores bailarinas do s XX e en 1979 outorgáronlle o título de primeira bailarina absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista alemana. Secretaria do Instituto Psicanalítico de Berlín, en 1932 marchou a EE UU, onde, despois de abandonar a ortodoxia freudiana, fundou o Instituto Americano de Psicanálise (1941). Acentuou a importancia dos conflitos culturais na formación das neuroses e revisou os postulados da psicanálise sobre a psicoloxía feminina. Destaca a súa obra Neurosis and Human Growth (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Madrid, situado ao S da serra de Guadarrama (6.175 h [2001]). A economía é principalmente agrícola, aínda que tamén destaca a apicultura e a gandería. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela-León, situado en Tierra de Pinares (2.345 h [2001]). A agricultura e a gandería (lanar e porcina) constitúen os recursos económicos principais do termo. Na industria destaca a fabricación de tubos de cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, neto do marqués de Sargadelos. Enxeñeiro de minas, inventou un lavadoiro de roupa ao vapor e desde 1866 tentou reanudar a fábrica de Sargadelos que funcionou entre 1871 e 1872. Tralo seu fracaso foi elixido alcalde de Cervo e deputado provincial e trasladouse a Madrid, onde exerceu no Instituto Geográfico de Estadística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e crítico musical. Estudiou no Conservatorio de Música de Madrid e en distintos países. Actuou por todo o mundo tanto de solista como con orquestras moi prestixiosas dirixidas por profesionais destacados como Leopold Stokowski, Ataúlfo Argenta ou Conrado del Campo, e é autor de ensaios sobre grandes músicos como Marcial del Adalid. Dirixiu un gran número de organismos, como o Conservatorio de Ourense, do que tamén foi o fundador, o Conservatorio de Segovia ou o Instituto de Música Religiosa de Cuenca. É académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, entre outras institucións. Posúe distintos galardóns, dos que cómpre mencionar a Orden Civil de Alfonso X El Sabio e a Orde do Mérito Civil, e foi nomeado Chevalier de L’Ordre dels Arts et Lettres de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO