Hare, Richard Mervin

Hare, Richard Mervin

Filósofo inglés. Centrou o seu labor filosófico no intento de resolver os problemas formulados polo emotivismo de C. L. Stevenson, quen manifestara que as discusións éticas non eran descritivas. Malia mostrarse de acordo con isto, considerou que, mentres que para os emotivistas estas expresións pretenden influír sobre a conduta, soamente serven de guía para a conduta. Xa que logo, o discurso ético é prescritivo, polo que a súa postura coñécese como prescritivismo. Ocupouse tamén da liberdade e manifestou que é posible ser ceibe e xulgar racionalmente en cuestións morais, é dicir, elixir libremente e á vez seguir principios e argumentacións racionais. Entre as súas obras sobresaen The Language of Morals (1952), Freedom and Reason (1963), Applications of Moral Philosophy (1972) e Essays on Religion on Education (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso