"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Lei fundamental do electromagnetismo, descuberta en 1831 e completada en 1945 por Neumann, que establece que, nun circuíto pechado sometido á acción dun campo magnético variable, se induce unha forza electromotriz proporcional á derivada respecto ao tempo do fluxo magnético que abarca o circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis que rexen a condución da electricidade a través de disolucións electrolíticas. A primeira lei di que as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais ás cantidades de electricidade que atravesan a disolución. A segunda lei di que se unha corrente atravesa diversas celas electrolíticas, conectadas en serie, as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais aos equivalentes químicos de cada un destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico inglés. Fillo dun ferreiro, aprendeu o oficio de encadernador, ao mesmo tempo que se dedicou ás lecturas científicas e filosóficas. Asistiu ás conferencias de Humphry Davy (1812); este nomeouno (1813) o seu axudante no Royal Institute, do que chegou a ser superintendente (1821) e director (1825). Foi membro da Royal Society (1824) e da Académie Française des Sciences, e profesor de química (1833). En 1821 comezou o estudo da electricidade e do magnetismo; descubriu a produción dunha forza electromotriz nun condutor sometido a un campo magnético (lei de Faraday), introduciu o concepto de liña de forza, enunciou as leis cuantitativas da electrólise (leis de Faraday) e descubriu a rotación do plano de polarización da luz mediante campos magnéticos (1845). Licuou diferentes gases e descubriu dous cloruros de carbono e o benceno. Sen os traballos de Faraday sería imposible toda a técnica actual de produción e distribución de correntes eléctricas, gran parte da electroquímica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de faragullas ou cousas pequenas e sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se levan nun fardel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de auga e farelo.

    2. Parte da celebración do Entroido, na comarca de Monterrei, na que se lle bota fariña á xente que está na rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas revoltas ou mal amañadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou morea de farrapos.

    2. Precipitación de neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción burlesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha ou franxa de distinta cor que se presenta na terra cando hai distintos tipos de cultivos.

    2. Mancha que se presenta nun animal que ten o pelo en franxas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bóla que se fai con manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e historiador escocés. Licenciado na University of St. Andrews, foi profesor de filosofía na University of Edinburgh (1759-1785). Foi pioneiro da moderna socioloxía ao considerar o ser humano como un animal progresivo propenso á corrupción do luxo e que combina a sociabilidade cunha instintiva afección á loita. Afirmou que o progreso social é un feito natural, pero nin inevitable nin irreversible. Das súas obras destacan Essay on the History of Civil Society (Ensaio sobre a historia da sociedade civil, 1767), onde desenvolveu a idea da división do traballo, e Principles of Moral and Political Science (Principios de ciencia moral e política, 1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que pasou a Castela e Andalucía. As súas armas traen, en campo de ouro, tres faixas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, cinco teas ardendo, postas en aspa; bordo de prata, con seis minguantes de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, normalmente de metal, cunha asa ou mango longo, que se emprega para sacar líquidos dun recipiente máis grande.

    2. Lámina de ferro rectangular con mango que se usa para coller percebes, ameixas ou mexillóns.

    3. Recipiente cilíndrico ou troncocónico, semellante á sella, feito de táboas de madeira colocadas ao redor dun aro de ferro, que serve para conter ou transportar auga.

    4. Nome que recibe o ferrado nalgúns lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha gaivota sobre ondas de auga de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un morteiro de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO