Ferguson, Adam

Ferguson, Adam

Filósofo e historiador escocés. Licenciado na University of St. Andrews, foi profesor de filosofía na University of Edinburgh (1759-1785). Foi pioneiro da moderna socioloxía ao considerar o ser humano como un animal progresivo propenso á corrupción do luxo e que combina a sociabilidade cunha instintiva afección á loita. Afirmou que o progreso social é un feito natural, pero nin inevitable nin irreversible. Das súas obras destacan Essay on the History of Civil Society (Ensaio sobre a historia da sociedade civil, 1767), onde desenvolveu a idea da división do traballo, e Principles of Moral and Political Science (Principios de ciencia moral e política, 1792).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Perthshire

  • Deceso

    Lugar : Saint Andrews