"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Aníbal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Asdrúbal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa voraz que está dominada pola gula.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno extrapiramidal caracterizado polo movemento violento, involuntario e desordenado dunha extremidade, como se fose unha forte sacudida, causada por unha lesión no núcleo subtalámico do cerebro. Resulta afectada a extremidade contralateral á lesión cerebral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo no que abunda a herba ou que está destinado ao seu cultivo.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo inglés. Estudiou, a partir de 1910, a condución nerviosa, a transmisión neuromuscular e os fenómenos fisiolóxicos, bioquímicos e biofísicos relacionados. En 1922 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Otto Meyerhof, polas súas achegas ao coñecemento da actividade muscular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor checo. Procedente dunha familia burguesa, doutorouse en Dereito na Universidade de Praga e comezou a escribir na década de 1930. A súa obra obtivo unha enorme difusión en toda Europa, onde está considerado como un dos máis destacados narradores. Realista e fantástico, nos seus libros reflíctese desde a complexidade de Kafka ata a vea popular de Hasek. Das súas obras destacan Ostre slevadoné vlaky (Trens rigorosamente vixiados, 1965), Inzerát na dum, ve kterém uz nechci bydlet (Anuncio unha casa onde non quero vivir, 1965), Obsluhoval jsem anglického krále (Eu servín o rei de Inglaterra, 1971), Prílis hlucná samota (Unha soidade demasiado ruidosa, 1976), Postriziny (Personaxes nunha paisaxe infantil, 1976), Kdo jsem (Que son eu, 1984), Miy svět (1989) e Ponorné říčky (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico e compositor belga. É o autor dun dos primeiros tratados da música occidental (De harmonica institutione, 880?), de propósitos pedagóxicos, no que a teoría é a consecuencia da racionalización das características musicais. Compuxo música litúrxica (antífonas, salmos, tropos, etc).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Gipuzkoa, Euskadi (2.082 h [2001]). É berce do queixo homónimo, moi apreciado no N de España e protexido baixo denominación de orixe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode abalar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
PERSOEIRO
Poeta e filósofo islámico. Doutorado en Filosofía na Universidade de Múnic, regresou a India onde exerceu como avogado e político. Convertido no presidente da Liga Musulmana (1930), amosouse partidario da creación dun estado musulmán no N de India. Na súa obra filosófica, en que destaca O desenvolvemento da metafísica en Persia (1908), tentou harmonizar a teoloxía islámica coa ciencia e a filosofía occidental. Foi autor de poesías en persa Asrār-i Khūdī (Segredos do eu, 1915) e Ghāvīdnāma (1932); son notables as dúas coleccións de poemas en urdú Bāl-i Jibrīl (A á de Gabriel, 1935) e Darb-i Kalīm (O golpe de Moisés, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi lector de español na Universidade de Königsberg. Influído pola obra poética de Antonio Machado, escribiu Campanas de Palo (1959) e Voz en blanco y 3 poemas abstractos (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Guatemala (9.038 km2; 333.956 h [estim 2000]). A súa capital é Puerto Barrios (39.379 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Madhya Pradesh, India, situada á beira do río Narbadā (741.927 h [1991]). Ten industria téxtil e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, no val do río Guadalquivir (2.489 h [2001]). Ten industrias de elaboración de aceite de oliva. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Las Huelgas ou de Esquivel, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (9.492 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A cidade foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1967. Destacan o dolmen de Toniñuelo (BIC, 1931) e os restos da antiga fortificación medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame organizado polo concello de Bueu desde 1995, que ten por obxectivo honrar a figura de Xosé Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, ao mesmo tempo que fomenta a cultura literaria en lingua galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós situado en macedonia, Grecia (2.111 km2; 135.937 h [1991]). A súa capital é Kabala (58.025 h [1991]).