Hrabal, Bohumil

Hrabal, Bohumil

Escritor checo. Procedente dunha familia burguesa, doutorouse en Dereito na Universidade de Praga e comezou a escribir na década de 1930. A súa obra obtivo unha enorme difusión en toda Europa, onde está considerado como un dos máis destacados narradores. Realista e fantástico, nos seus libros reflíctese desde a complexidade de Kafka ata a vea popular de Hasek. Das súas obras destacan Ostre slevadoné vlaky (Trens rigorosamente vixiados, 1965), Inzerát na dum, ve kterém uz nechci bydlet (Anuncio unha casa onde non quero vivir, 1965), Obsluhoval jsem anglického krále (Eu servín o rei de Inglaterra, 1971), Prílis hlucná samota (Unha soidade demasiado ruidosa, 1976), Postriziny (Personaxes nunha paisaxe infantil, 1976), Kdo jsem (Que son eu, 1984), Miy svět (1989) e Ponorné říčky (1991).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Brno, Moravia

  • Deceso