"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que resulta dunha electroforese. Está constituído polas bandas de cada compoñente feitas visibles por revelado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de obtención de imaxes por alteración da carga dunha placa fotosensible que se expón á luz. É a base da fotocopiadora, e o procedemento da xerografía máis utilizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procedementos técnicos que se aplica ao gravado calcográfico e que se destina á reprodución de imaxes por medio de impresión electrostática como a xerografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás vasoiriñas constituídas por unha mestura de carbón aglomerado, brea, alcatrán e outras substancias, fortemente prensada e sometida a unha temperatura de 3.000°C para a súa cocción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para a reprodución da escritura, de debuxos ou deseños por medio de corrente eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método utilizado para rexistrar os cambios de potencial eléctrico que se producen nun músculo illado ou nun grupo muscular cando se contrae de xeito espontáneo ou por indución con estímulos xeralmente eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para realizar unha electromiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico da contracción dun músculo que se obtén ao realizar unha electromiografía.
-
-
Técnica que permite rexistrar unha imaxe electrónica sobre unha película fotográfica. Realízase mediante unha cámara electronográfica que contén unha emulsión que é directamente sensible aos electróns.
-
Imaxe electrónica obtida sobre papel fotográfico mediante unha cámara electronográfica. Tamén se denomina fotografía electrónica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electronografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que serve para trazar elipses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da variación da enerxía libre da formación dunha substancia en favor da temperatura. Permite a análise termodinámica visual da posibilidade dunha reacción química.
-
-
Diagrama termodinámico en que as áreas determinadas por unha curva pechada son proporcionais ás enerxías.
-
Diagrama termodinámico que ten por coordenadas a temperatura absoluta e o logaritmo neperiano de presión.
-
-
-
Conxunto de persoas que emigraron.
-
Situación de quen está emigrado.
-
Mudanza que certos animais fan do seu hábitat, e que pode ser estacional ou permanente.
-
Desprazamento dun individuo ou dun grupo de persoas dun lugar a outro, ben de forma temporal ou definitiva, dende o punto de vista do lugar de procedencia do desprazado. A causa principal, tanto da emigración como da inmigración, é económica; en xeral, búscase unha mellora na situación socioeconómica. Non obstante , existen outras causas que provocaron ao longo da historia un desprazamento poboacional, entre outras, a conquista militar (invasión árabe da Península Ibérica); as persecucións de carácter ideolóxico, que provocaron o exilio (republicanos españois ao termo da Guerra Civil); o traslado forzoso de man de obra que deu lugar ao escravismo (poboación africana nas Antillas durante a conquista e colonización); e a expulsión de poboación do seu país de orixe por causas diversas (musulmáns da India ao Paquistán).
Tipos de emigración
En función do tipo de desprazamento e da súa duración pódense establecer distintas modalidades, entre outras, a emigración...
-
-
-
de emigrar.
-
Persoa que vive fóra da súa patria, principalmente por motivos políticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico trimensual aparecido na Estrada o 15 de setembro de 1920. Cesou a súa edición o 16 de decembro de 1940. Subtitulouse “Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba”. En 1930 cambiou a súa cabeceira pola de “Periódico galeguista”. Dirixiuno inicialmente Otero Abelleira, a quen substituíu Manuel Durán, que tivo que abandonar a redacción en 1936 por mor do inicio da Guerra Civil. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou. Nos seus comezos foi unha publicación de tendencia anticaciquil, que incluíu artigos de apoio á autonomía de Galicia, ao Estatuto aprobado en 1936 e á Irmandade Nazonalista Galega. Ademais inseriu unha sección literaria na que se recolleu poesía e recensións de libros. Contou coa colaboración de numerosos escritores, entre os que cómpre salientar a Manuel García Barros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen emigra.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Londres en 1973. Fundada por Carlos Durán, na súa edición participaron o Centro Galego da capital londinense, o Hogar Español e o Club Antonio Machado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Deixar o propio país para establecerse noutro estranxeiro.
-
Saír alguén do lugar habitual de residencia de forma temporal xeralmente por cuestións de traballo.
-
-
Cambiar certos animais de lugar de xeito estacional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á emigración.