Emigrado, El

Emigrado, El
[PUBLIC]

Periódico trimensual aparecido na Estrada o 15 de setembro de 1920. Cesou a súa edición o 16 de decembro de 1940. Subtitulouse “Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba”. En 1930 cambiou a súa cabeceira pola de “Periódico galeguista”. Dirixiuno inicialmente Otero Abelleira, a quen substituíu Manuel Durán, que tivo que abandonar a redacción en 1936 por mor do inicio da Guerra Civil. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou. Nos seus comezos foi unha publicación de tendencia anticaciquil, que incluíu artigos de apoio á autonomía de Galicia, ao Estatuto aprobado en 1936 e á Irmandade Nazonalista Galega. Ademais inseriu unha sección literaria na que se recolleu poesía e recensións de libros. Contou coa colaboración de numerosos escritores, entre os que cómpre salientar a Manuel García Barros.

Palabras veciñas

emídido -da | emigración | emigrado -da | Emigrado, El | emigrante | Emigrante, El | emigrar