"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Mieloma que se forma a partir de células plasmáticas, que xorde habitualmente na medula ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de plasmocitos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento citoplasmático que, por medio dos canalículos das membranas separadoras, pon en comunicación os protoplasmas de dúas células adxacentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao plasmodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo vexetativo dos mixomicetos, constituído por unha masa protoplasmática plurinucleada con movementos ameboides.

    2. Masa multinucleada, formada pola unión de células anteriormente libres, e limitada por unha membrana plasmática de forma e dimensións non definidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmodioforomicetos.

    2. Fungo da clase dos plasmodioforomicetos.

    3. Clase de fungos ameboides, da división dos mastigomicotas, endoparasitos de plantas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, parasitos dos eritrocitos, axentes causantes das diversas formas de paludismo. Os que son patóxenos para o ser humano son Plasmodium vivax, axente causante da febre terciá, benigna; P. malariae, da febre cuartá; e P. falciparum, do paludismo, pernicioso ou maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmódromos.

    2. Protozoo do grupo dos plasmódromos.

    3. Grupo de protozoos caracterizados pola presenza dun só núcleo (ou de diversos núcleos, equivalentes entre eles) e pola ausencia absoluta de cilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confusión do citoplasma de dúas células na copulación de gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción do citoplasma debida á perda de auga por exosmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • plasmocitoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de vibración colectiva dos átomos de valencia dun sólido ou dos electróns e os ións dun plasma. Considérase, a efectos dinámicos, como unha pseudopartícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda de plasma que se produce en casos de lesións tisulares importantes, como nas queimaduras de terceiro grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘modelado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en corrixir algunha deformidade dun órgano. Desígnase co nome do órgano onde se fai a operación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de plástico.

    2. Propiedade dos materiais, opoñible á elasticidade, que se manifesta ao conservar indefinidamente as deformacións producidas por algunha forza ao deixar actuar esta forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á plástica.

      2. efecto plástico

        Efecto estético, na arte do s XX, das formas artísticas producido por elas mesmas como tales, e non pola súa semellanza coa natureza.

    1. Que pode ser modelado.

    2. Que se caracteriza pola súa expresividade e vivacidade.

      1. Relativo ou pertencente ao plástico.

      2. Composto orgánico polimérico obtido por síntese ou procedente de substancias naturais que sufriu unha profunda transformación química, susceptible de ser conformado pola acción conxunta do sol e da calor. Algunhas das características comúns dos plásticos son o elevado peso molecular, a sensibilidade á calor nun momento determinado da súa manufactura, o intervalo relativamente limitado da temperatura de utilización, o peso específico relativamente baixo (entre 0,02 e 2,5 g/cm 3 ), as súas propiedades illantes (tanto térmicas como eléctricas e acústicas) e a resistencia aos axentes químicos inorgánicos. Os plásticos poden obterse a partir de materias minerais (gas natural, hulla, petróleo, etc), vexetais (algodón, gomas vexetais, madeira, plantas oleaxinosas, resinas, etc) e mesmo animais (leite), ou dos seus respectivos derivados, produtos intermedios na síntese de plásticos (acetileno, benceno, butileno, caseína, celulosa, estireno, etilo, fenol, lacas, látex, nafta, óleos, propileno,...

      1. Relativo ou pertencente á plastia.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo das células vexetais, revestido por unha dobre membrana unitaria e que tipicamente contén pigmentos. Os principais tipos de plastidios son o amiloplasto, o cloroplasto, o cromoplasto e o leucoplasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de plastificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que plastifica.

    2. Produto líquido ou sólido que, engadido a unha materia, aumenta a plasticidade, como determinadas cinzas e terras que se lle engaden ao formigón, os tiois que se unen ao caucho, os ésteres e os hidrocarburos terpénicos que se engaden ás pinturas e os vernices, ou a nitroglicerina coa que se aglomeran os compoñentes dos propergois sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO