"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
GALICIA
Relixioso. Coñecido como o cura de Casoio, en 1809 ocupouse de alertar a poboación da chegada dos franceses. Foi comandante das forzas de Valdeorras e castigou duramente aos homes de Soult en Montefurado. Redactou unhas ordenanzas en 24 artigos para manter a disciplina dos homes baixo o seu mando que quedaron manuscritas. Ao finalizar a Guerra da Independencia, rexeitou unha coenxía en Ciudad Rodrigo. O seu irmán Xoán Bernardo Quiroga Uría (O Hospital, Quiroga s XIX) tamén participou nas guerrillas para loitar contra os franceses. Formou parte da Xunta Superior de Galicia e foi deputado pola provincia de Lugo (1810-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Imaxe que se obtén mediante a radiografía.
-
radiotelegrama.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que consiste nun gramófono acoplado a un receptor de radio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mensaxe que se transmite mediante radiotelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
memoria de acceso aleatorio.
-
CIDADES
Cidade de Cisxordania situada ao N de Xerusalén, que forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina. Nela sitúanse as institucións que gobernan Palestina. Na Muqata, antigo cárcere británico, estivo confinado Y. Arafat durante casi tres anos (2001-2004) e foi o lugar escollido para o seu enterro, de xeito provisional, mentres non poida ser trasladado á explanada das mesquitas en Xerusalén.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador indio. Fundador do Brāhmo-samāj, era de familia brahmánica e traballou de novo en contacto con cristiáns, contacto do que xurdiu unha reforma do hinduísmo en sentido universalista. Publicou diversas obras relixiosas e traduciu ao bengalí os Upani ṣ ad (1814) e os Evanxeos (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cada unha das partes en que se divide e subdivide o tronco ou o talo das plantas. Nas árbores, denomínanse ramas especialmente as partes que parten do mesmo tronco (principais ou mestras), e as que parten destas (ramas de terceira, cuarta, etc, orde), e que son cada vez máis delgadas.
-
Conxunto das ramificacións dunha planta.
-
-
1 arume.
-
-
Cada unha das partes, categorías ou derivacións doutra máis primitiva, central ou básica, que se dá en determinadas clasificacións,
-
División dun vaso ou dun nervio.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marco rectangular de ferro en cuxo interior se fixa con cuñas ou parafusos o molde que se quere imprimir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos reis de Siam da dinastía Xakri.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sétima encarnación de Vixnu, segundo o hinduísmo. Heroe central do Rāmāyana, foi adorado como deus supremo nos Upani ṣ ad máis tardíos e como deus salvador nos Purāna. O seu culto figura entre os principais do norte de India e, a diferenza do de Krixna, nunca dexenerou en formas licenciosas.
-
PERSOEIRO
Historiador e sociólogo. De orixe galega, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais na Universidad de Montevideo. Especialista en temas latinoamericanos, participou en diversas organizacións galegas e españolas en América. Escribiu Ideología, regiones y clases sociales en la España contemporánea (1963), Historia del movimiento obrero y social latinoamericano contemporáneo (1967) Sociología de América Latina (1970) e La Historiografía como ciencia histórica (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse especialmente ao ensaio, con algún traballo poético. No volume Uruguay hoy (1965) expresou as súas opinións socioliterarias, e en Rubén Darío y el modernismo (1970) analizou cuestións literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ramaxe.
-
1 arume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno mes do calendario musulmán, durante o que está prescrito o xaxún homónimo, que consiste en non tomar alimentos nin bebida, e en absterse de fumar, de perfumarse e das relacións sexuais durante o día.
-
PERSOEIRO
Político e xurista francés. Ocupou distintos ministerios nos gobernos da Terceira República Francesa e, durante a Cuarta República Francesa, foi primeiro ministro (1947) e ministro de Facenda (1956-1957). Presidiu a Organización Internacional do Traballo (1952-1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador relixioso hindú. De familia brahmana, a súa vida estivo marcada por experiencias místicas, que o levaron a un recoñecemento das diversas relixións como camiños múltiples á única verdade. Tras a súa morte Vivēkānanda organizou a comunidade dos seus discípulos, coñecida como Rāmakri ṣ hna Missions.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ía de comunicación secundaria que parte doutra principal.
-
Corda que se ata á cabeza dun animal para guialo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, drenado polo río Asón e delimitado ao L por Bizkaia (2.248 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e a industria diversificada (alimentaria, metalúrxica e manufacturas da madeira). Destacan as pinturas rupestres da cova de Covalanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das ramalináceas, en forma de arbustos laciniados, ríxidos ou colgantes, a miúdo moi sorediados, que se dan sobre a cortiza das árbores e sobre rochas.