Rāma
Rāma
[MIT]
Sétima encarnación de Vixnu, segundo o hinduísmo. Heroe central do Rāmāyana, foi adorado como deus supremo nos Upani ṣ ad máis tardíos e como deus salvador nos Purāna. O seu culto figura entre os principais do norte de India e, a diferenza do de Krixna, nunca dexenerou en formas licenciosas.