"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Coñecido como Karl Hohenthal, colaborou con diversos diarios locais e conseguiu unha gran popularidade entre o público xuvenil coas súas novelas de aventuras. É autor do ciclo de Winnetou (1893) e das obras Das Vermächtnis des Inka (O testamento dos incas, 1895) e Mein Leben und Streben (A miña vida e a miña loita, 1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo situado preto de Viena, onde o 30 de xaneiro de 1889 se suicidaron o arquiduque Rodolfo de Austria, herdeiro do trono, e a súa amante María Vetzera.
-
ENTRADA LARGA
Reacción de redución de aldehidos e cetonas a alcohois primarios ou secundarios pola acción dun alcóxido de aluminio, a miúdo o isopropóxido, segundo a reacción:
FORMULA
A reacción inversa é coñecida como oxidación de Oppenauer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador e escritor agostiño alemán. Coñecido como Abraham a Sancta Clara, foi o autor de numerosas obras esexéticas e morais, ademais de coleccións de sermóns. Da súa produción destacan Lösch Wien (1680) e Judas der Ertzschelm (1685-1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi subdirector xeral de Patrimonio Histórico-Artístico, presidente da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago e un dos cofundadores do COAG. Impulsou a arquitectura moderna en Galicia, avanzando cara a formas cada vez máis puras. Realizou o proxecto do edificio Trébol (A Coruña) e o Plan de Protección do Casco Histórico de Betanzos. Recibiu o Premio Galicia de Arquitectura (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Doutor en Dereito, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e Coalición Galega (1985-1989). Foi conselleiro de Economía, Facenda e Comercio e vicepresidente da Xunta de Galicia (1983-1984). Exerceu como presidente do Consello de Administración de ISODEL e FRIGSA e foi director xeral de Política Financeira do goberno central, representante de España ante a OCDE, no FMI e no Banco Mundial. Escribiu Teoría de los ciclos, Non somos inocentes (1990), A Galicia posible (1992), Bieito Bieito (1993), Coa palleta distraída (1994), A falacia do economicismo (1994), Luces de Fisterra (1994) e Sorte do paxariño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Michelozzo degli Ambrogi.
-
PERSOEIRO
Político arxentino. Ingresou no Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de La Rioja por tres veces consecutivas, e en 1976 sufriu prisión durante algúns meses como resultado do golpe militar. En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia do estado, contra o presidente do partido Antonio Cafiero, e nas eleccións de maio de 1989 conseguiu desbancar a Raúl Alfonsín. O 3 de decembro de 1990 puido esmagar a rebelión militar, pero ao cabo de poucos días indultou os cabezas da ditadura fascista. Reelixido presidente en 1995, ocupou o cargo ata os comicios de 1999. En 2003 volveu presentarse ás eleccións pero foi derrotado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista polaco. Fundador da escola austríaca e un dos creadores da moderna teoría da utilidade marxinal, analizou a relación entre utilidade e prezo, diferenciando o valor, como un fenómeno exclusivamente psicolóxico, do prezo, que definiu como unha manifestación obxectiva daquel fenómeno no mercado. Escribiu Grundsätze der Volkswirtschaftslehre (Principios de economía política, 1871) e Untersuchungen über die Methode der Sozialwissenschaft (Investigacións sobre o método da ciencia social, 1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou na Universidade de Viena, onde se doutorou. Fixo avances fundamentais para as matemáticas do s XX, dos que destacan a creación da teoría da dimensión, ademais das súas contribucións á teoría dos espazos métricos reais e probabilísticos, xeometría, álxebra de funcións, fundamentos de lóxica, economía e ética. Escribiu, entre outras obras, Morality, decision and social organization: toward a logic of ethics (1974) e Select papers in logic and foundations, didactics, economics (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Nacionalizado estadounidense, as súas óperas realistas representan unha exitosa combinación de situacións dramáticas coa forma tradicional das óperas italianas. Destacan as súas obras The medium (1946), The consul (1950), The Saint of Bleecker Street (1954), Labyrinth (1963) e Goya (1986). Recibiu o Premio Montblanc da Cultura para Europa (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Contribuíu ás teorías modernas sobre o sistema de números reais e foi un dos primeiros en establecer o continuo. Definiu aritmeticamente os números irracionais sen referirse aos límites.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Activo en Santiago de Compostela, realizou retablos e imaxes para diversas igrexas, dos que destaca un retablo para a capela de don Lope, na catedral de Santiago de Compostela (1600), e unha reixa para a capela de San Xoán Evanxelista na mesma catedral (1604). Foi tamén o autor dun retablo para a igrexa de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1606).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e intelectual. Compaxinou a súa vida artística cun intenso labor intelectual, con participación en varias exposicións por toda Galicia, colaborando na revista Grial. O seu estilo caracterizouse por unha particular concepción da luz e recreou a realidade dándolle prioridade á figura humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos gádidos, ao que pertence a especie M. merlangus (bacalada).
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Dedicado primeiro á fenomenoloxía, definiu a moral política do existencialismo, distanciouse de Sartre (1953) e buscou as vías dunha esquerda non comunista. Escribiu Struture du comportement (1941), Phénoménologie de la perception (1945), Humanisme et terreur (1947) e Les aventures de la dialectique (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Influído primeiro por Rossellino e Benedetto da Maiano, decantouse despois cara á obra de Sansovino, como manifesta o sepulcro do vicerrei de Sicilia e de Nápoles, Ramon de Cardona-Anglesola i de Requesens, feito en Nápoles e instalado en 1531 en Bellpuig.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo ou liña fina e delgada que se utiliza para revestir os cabos vellos dos navíos, para coser e para outros usos.