"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de romboide.
-
-
-
Paralelogramo que ten os lados opostos iguais sen ángulos rectos.
-
Que ten a forma dun romboide.
-
-
Músculo parello, aplanado e romboidal, que vai desde a columna vertebral ata o canto espiñal da omoplata e achégaa á columna vertebral.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos rombozoos.
-
Mesozoo do filo dos rombozoos.
-
Filo de mesozoos vermiformes que miden entre 0,5 e 7,5 mm de lonxitude e que viven parasitos nos riles dos moluscos cefalópodos. Comprende dous grupos, un coas células somáticas ciliadas e outros sen cilios.
-
-
PERSOEIRO
Mineraloxista e cristalógrafo francés. Enunciou a lei da constancia dos ángulos, que xa fora descuberta anteriormente por Stenon e outros. Publicou Essai de cristallograhie (1772) e diversas obras de mineraloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que vai en ou de romaría.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Loroño (Zas). De planta rectangular, consta de corpo central e unha torre ameada de tres alturas, ademais dunha galería na fachada posterior e unha escalinata de cantaría. Destacan os escudos da fachada principal e da capela coas armas dos Caamaño e Ribadeneira.
-
PERSOEIRO
Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo danés. Traballou na clasificación dos manuscritos de Tycho Brahe, e en 1672 traballou en París no observatorio. Colaborou con Picard, Azout e Huygens. En 1675 determinou a velocidade da luz a partir da observacións dos satélites de Xúpiter. Perfeccionou o micrómetro e construíu o primeiro instrumento meridiano de pasos (1690) e o primeiro círculo meridiano (1704).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría de Muros e Noia situada na parrroquia de Goiáns (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: 1, de prata, cunha aguia de sable; 2, de prata, con tres estacas de sinople, cravadas en terras do mesmo, cinguidas por unha cadea de prata. Outro trae, en campo de goles, tres columnas de prata, cinguidas por unha cadea de azul. Outro, en campo de prata, unha cruz de goles. Outro, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en aspa, acompañadas de sete cruces gregas de ouro, colocadas en orla, tres en xefe, unha en cada flanco, e dúas en punta. Outro, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en cruz, acompañadas de oito cruces gregas de prata, catro colocadas en faixa coas vieiras de xefe e da punta, e dúas a cada lado. Outro, en campo de sinople, un peregrino ou romeiro coa súa esclavina, bordón con cabaza, e bolsa, acompañado dunha cuncha de vieira de prata no cantón sinistro do xefe. Outro, en campo de ouro, unha banda de goles cargada de tres cunchas de vieira de ouro. Outro, escudo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Gena Baamonde, comezou a súa andaina profesional na compañía Matarile Teatro, coa que participou en Andante (1991), Café acústico (1992), Di pinto di blue (1997) e La piel que todo lo cubre (1998). Coa compañía Teatro Galileo participou en Diario (2000) e con Teatro Bruto en Ninguén chorou por nós (2000). Ademais, escribiu as pezas María a Parva (1996); Feitos son amores (1998), xunto con Eugenia Iglesias; e Indignos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Fundador e director de Blason Gallery European Lecturer (1990), foi o creador do primeiro movemento internacional de universidades en Europa e director artístico de Bruton Street Gallery. Evolucionou desde o estilo figurativo á abstracción e da súa produción destacan O Zapateiro (1986?), Reflejos en verde (1986?) e Silencio (1987?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Notario e escritor. Formado con Marcelo Macías e Losada Diéguez en Ourense, e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Colaborador de Nós, Lar e Lareira, escribiu a novela curta O Karma de Farruco Filgueira (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Ordenado sacerdote en 1944, foi bispo auxiliar de Madrid (1964), e bispo de Horta (1964-1968) e de Ávila (1968-1973). En 1973 converteuse en arcebispo de Aemona e en secretario da Sagrada Congregación do Clero, cargo que desempeñou ata o seu retiro (1986). Fundou o Centro de Estudios Universitarios en Madrid, o Colegio Mayor de Guadalupe da Universidad de Madrid (1946) e o Instituto Español de Estudios Eclesiásticos en Roma. Gran chanceler da Universidad de Salamanca, foi investido doutor honoris causa pola mesma en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou pintando de forma realista pero evolucionou cara a un estilo simbolista, en que combinou a influencia xermánica con motivos andaluces e implicacións relixiosas. Realizou, sobre todo, composicións onde evocou a alma andaluza e retratos de figuras femininas. Destacan Vividoras de amor (1906), Musa gitana (1908), Retablo del amor (1910), El pecado (1913), Musidora (1922) e Cante hondo (1930). Recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi senador pola provincia da Coruña (1910). Renunciou a acta en 1911 despois do seu nomeamento como gobernador civil da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO