Romero Baamonde, Gena
Romero Baamonde, Gena
Actriz. Coñecida como Gena Baamonde, comezou a súa andaina profesional na compañía Matarile Teatro, coa que participou en Andante (1991), Café acústico (1992), Di pinto di blue (1997) e La piel que todo lo cubre (1998). Coa compañía Teatro Galileo participou en Diario (2000) e con Teatro Bruto en Ninguén chorou por nós (2000). Ademais, escribiu as pezas María a Parva (1996); Feitos son amores (1998), xunto con Eugenia Iglesias; e Indignos (2004).