Sinuhé
Sinuhé
[LIT]
Personaxe central das Aventuras de Sinuhé, narración exipcia, escrita ao redor de 2000 a C, en que conta que cando o faraón Amenemhat morre nunha conspiración, Sinuhé, alto funcionario, teme ser implicado no magnicidio e decide fuxir. De vello empeza a sentir a morriña e, cando o faraón Sesostris chama por el, afronta un retorno inseguro que resultará triunfante. Considerada unha obra mestra da literatura do antigo Exipto, as súas descricións realistas permiten coñecer os ambientes da época.