"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Partido político fundado en 1977 en Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, por membros procedentes da Unión do Pobo Galego, da Asemblea Nacional--Popular Galega, da Asamblea Popular Galega, do Partido Comunista Galego, do Partido Socialista Galego e doutros partidos de esquerda radical. Defenderon o marxismo, a concepción de Galicia como un ente dependente no económico e político de Europa, e, como forma de goberno lexítima, a federación socialista das nacións ibéricas. Loitaron pola formación da autonomía como primeiro paso para acadar o autogoberno. En 1977 manifestouse, xunto ao Partido Socialista Galego, a prol da autonomía e, en 1978, xunto con outras formacións nacionalistas, contemplou a necesidade de configurar a preautonomía con partidos propiamente galegos. Desta inquietude xurdiu Unidade Galega (UG) como opción ás eleccións de 1979. A maior parte dos seus militantes integráronse en Esquerda Galega en 1980, e o POG desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Durante a súa infancia, en Monforte de Lemos, padeceu unha enfermidade ósea que o mantivo convalecente, feito que motivou o seu interese polo debuxo, desde sempre cargado de imaxes fantásticas e dinamismo. De regreso á Coruña coñeceu o escritor Xohán Casal, con quen fundou a Liga Nórdica e a Unión de Artistas Ceibes. Dez anos máis tarde da morte daquel (1960), recompilou e editou os seus contos en O camiño de abaixo. A súa evolución pictórica partiu do expresionismo, pero a súa principal teima consistiu en superar o informalismo. En 1958 trasladouse a Madrid, onde comprobou que a pintura desfeita que el practicaba (Entrelazo, 1958), era o que se estaba levando a termo como vangarda. Desde 1960 combinou o labor pictórico co teórico, ao colaborar nas revistas Grial e Vieiros, en que publicou o seu manifesto artístico “O arte disgregado”, e no xornal compostelán La Noche. Membro do grupo cultural Brais Pinto, tamén formou parte do grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota e gobernador de Livonia. Opúxose a Suecia, que o condenou a morte (1694) e tivo que exiliarse. As negociacións entre Polonia e Rusia levárono a buscar un achegamento desta con Suecia. Entregado aos suecos polos polacos, morreu torturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gaiola grande para criar paxaros.

    2. paxariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paxaro.

    2. Persoa que se dedica á cría, caza ou venda de paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación do Sagrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Antón que dá nome ao concello de Pedrafita do Cebreiro, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Lugo no L da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 43’ 30’’ de latitude N e 7° 01’ de lonxitude O. Limita ao N coas Nogais e Cervantes (ambos os dous na comarca dos Ancares), ao L coa provincia de León, ao S con Folgoso do Courel (comarca de Quiroga), e ao O con Samos e Triacastela (ambos os dous na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 101 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.368 h (2007), distribuída nas parroquias do Cebreiro, Fonfría, Hospital, Liñares, Lousada, Louzarela, Pacios, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro, Riocereixa, Veiga de Forcas e Zanfoga. A súa capital está no lugar de Pedrafita do Cebreiro, na parroquia do mesmo nome, a 177 km de Santiago de Compostela e a 71 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Becerreá.
    Xeografía física
    Está situado no corazón das serras orientais e o seu relevo accidentado marca a transición entre as serras dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de onde se extrae pedra.

    2. pedregal.

    3. Cabo groso dalgúns aparellos de pesca, situado na parte inferior da rede, onde se coloca un material pesado como pedras ou chumbo para que o aparello afonde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Marzán (Monterroso). O seu cumio acada os 675 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Santiso, situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi fundador e coordinador dos estudos da SIDA no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo desde 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de SIDA e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. Destaca como pioneiro en España na realización de estudos sobre hepatite B e hepatite A. Das súas obras destaca A hepatite vírica como complicación do consumo de drogas por vía parenteral (1993), en colaboración con C. Pereiro Gómez e M. A. Castro Iglesias. É fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega da SIDA, desde 1998. Recibiu o Premio Barrié de la Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudo El SIDA en Galicia (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Arcos de Frades, Mosteiro e Cirio (Pol). O seu cumio acada os 678 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Santiago de Compostela 1880 - A Coruña 1950) Mestre. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1894-1897) e na de Madrid (1897-1898). Desde o curso 1902-1903 foi mestre da escola pública da rúa do Socorro, na Coruña e, pouco despois, da escola de nenos da rúa Orzán, ata o ano 1950. Centrou o seu labor docente no estudo do neno e na acción educativa nas distintas situacións e, neste sentido, participou no programa de clases nocturnas para obreiros, organizadas pola Escuela Popular Gratuita. Desde 1903 formou parte da organización das colonias escolares da Lagoa, nas Mariñas, e, desde 1906 dirixiu as Colonias Escolares de Niños Pretuberculosos. Ademais, a súa acción escolar completouse coa participación e dirección pedagóxica, compartida con X. R. García Niebla, do Patronato Local de Colonias, e coa colaboración na FETE e na Institución Vanguardia Pedagógica. En 1912, a través da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ornitólogo. Recolleu as distintas denominacións que reciben certas especies de aves en Galicia, en colaboración con X. M. Penas Patiño. Das súas publicacións destaca a Guía de aves de Galicia (1980), primeira obra de aves en galego; e Aprendendo coas aves (1995). Tamén publicou artigos na revista Verba, como “Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes”, sobre o nome galego das aves. Foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu como catedrático de instituto en La Laguna, Baeza, Cuenca e A Coruña. Colaborou na prensa diaria, de xeito habitual en La Voz de Galicia, El Eco de Galicia, Revista Contemporánea, Ilustración Nacional ou Unión Católica, en Madrid, desde os que atacou a ideoloxía rexionalista. Participou na fundación de Las Noticias de Cuenca, e dirixiu Diario de la Laguna, El Lagunero e Aguerre en Canarias. Da súa obra destacan La enseñanza de la geografía, lo que es y lo que debe ser en España (1909), Ensayo de antología geográfica (1910), Desde la terraza (ensayos poéticos) (1912), Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional (1915) e o inacabado Cuadros de España (1914). Recibiu a Cruz de Alfonso XII e foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sisán (Ribadumia). De planta rectangular, ten unha fachada anterior con dous balcóns de pedra e unha fornela coa Virxe da Anunciación entre ambos os dous, debaixo da que se abre a porta principal. Á dereita da fachada principal destaca unha especie de torre ameada e unha gran cheminea situada nun dos ángulos. Ten un patio-xardín cun portalón con arco de medio punto na parte central sobre o que hai un reloxo de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO