Partido Obreiro Galego

Partido Obreiro Galego
Nome científico: [POG]

Partido político fundado en 1977 en Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, por membros procedentes da Unión do Pobo Galego, da Asemblea Nacional--Popular Galega, da Asamblea Popular Galega, do Partido Comunista Galego, do Partido Socialista Galego e doutros partidos de esquerda radical. Defenderon o marxismo, a concepción de Galicia como un ente dependente no económico e político de Europa, e, como forma de goberno lexítima, a federación socialista das nacións ibéricas. Loitaron pola formación da autonomía como primeiro paso para acadar o autogoberno. En 1977 manifestouse, xunto ao Partido Socialista Galego, a prol da autonomía e, en 1978, xunto con outras formacións nacionalistas, contemplou a necesidade de configurar a preautonomía con partidos propiamente galegos. Desta inquietude xurdiu Unidade Galega (UG) como opción ás eleccións de 1979. A maior parte dos seus militantes integráronse en Esquerda Galega en 1980, e o POG desapareceu.