"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten poder de anular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión do ovo que se atopa en desenvolvemento e que dá lugar ás células sanguíneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor formado por elementos vasculares, que se localiza no sistema nervioso central. Normalmente aparece acompañado de anxiomas noutras partes, como a retina, xuntamente con quistes renais e hepáticos (mal de von Hippel-Lindau).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dilatación vascular que se manifesta por un punto vermello dunha medida que oscila entre a dunha cabeza de agulla e a dun chícharo, sobre a que se desenvolve un proceso ceratómico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección xeneralizada caracterizada pola presenza de moitos anxiomas na pel e outros órganos. A anxiomatose cerebral está causada pola presenza de anxiomas calcificados situados no cráneo. A anxiomatose hemorráxica hereditaria ou enfermidade de Rendu-Osler-Weber caracterízase pola aparición de anxiomas na pel e nas mucosas, sobre todo na nasal, onde provoca hepistaxe de repetición; pode presentarse acompañada de anxiomas viscerais. A anxiomatose neurocutánea de Sturge-Weber caracterízase pola asociación dun anxioma á cara, con trastornos oculares e cerebrais.
-
PERSOEIRO
Fillo de pais xudeus conversos, fíxose ermitán no monte Carmelo (Palestina). Despois marchou a Roma, onde se atopou con san Domingos e san Francisco, quen lle prediciu unha morte violenta. Cumpríndose o augurio, foi asasinado cando se dirixía a predicar a Sicilia contra os cátaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome dun tempo da conxugación grega que expresa unha acción pasada sen interesarse pola súa duración, ao non expresar se queda ou non algo do seu efecto no momento en que se fala, nin pola súa posición respecto a outra acción; por exemplo, a forma do pretérito dixo, a diferencia do copretérito (durativo), dicía e do antepretérito (anterioridade), dixera. É o tempo propio da narración rápida. Na gramática árabe é o segundo tempo do verbo que fai, ás veces, de presente e de futuro.
-
En grego, aoristo que expresaba unha verdade recoñecida, sen referencia temporal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía da aorta, acadada despois da inxección dun líquido opaco aos raios X.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apadriñar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apagar ou apagarse.
-
-
Acción e efecto de apaixonar ou apaixonarse.
-
Aquel estado de ánimo dominado por unha paixón.
-
-
-
Dispositivo ou estado que modifica, reduce ou suprime a transmisión dunha forza ou dunha radiación entre dúas rexións do espacio.
-
Efecto de pantalla pola cal un medio ou un conxunto de partículas debilitan unha determinada interacción. O apantallamento ten grande importancia na física do estado sólido (teoría BCS) e nas disolucións de electrólitos (apantallamento de Debye).
-
Blindaxe ou protección dunha fonte de radiacións.
-
Diferencia entre o número atómico real dun atómo e o número atómico efectivo, consecuencia da nube de electróns de apantallamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación mediante a análise de cousas que se presentan á vista de súpeto.
-
-
Utensilio, xeralmente mecánico, formado por varias pezas que realizan conxuntamente un traballo ou función determinada.
-
Conxunto de elementos ou organismos que permiten a realización de algo concreto.
-
Ostentación de preparativos ou medios ante un acontecemento, en xeral de importancia ou que require celebración.
-
-
Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializado para levar a termo unha función determinada. Por exemplo: aparato circulatorio, dixestivo, urinario, respiratorio, locomotor. O aparato está formado por diversos tipos de tecido.
-
Estrutura celular que leva a termo unha función determinada, por exemplo, o aparato ou complexo de Golgi.
-
-
-
aparato fonético
Calquera clase de mecanismo empregado experimentalmente para medir determinados trazos da fonación lingüística, entendido como proceso complexo de transmisión oral. Os diversos aparatos usados dende a Antigüidade clasifícanse, de acordo co seu campo de orientación, en articulatorios (o quimógrafo, o lanxiroscopio, a larinxe artificial, o palatógrafo, o linguógrafo, o cinematógrafo de películas radiolóxicas e de labios), acústicos (o fonógrafo -pouco usado xa na actualidade-, o cromógrafo, o oscilógrafo de raios catódicos, o espectógrafo ou sonógrafo, e o vocoder), e auditivos (o sintetizador de linguaxe).
-
aparato vocal
Conxunto de elementos fisióloxicos que interveñen na fonación lingüística e que se soen dividir en tres subaparatos: respiratorio, fonador e articulatorio. O aparato respiratorio comprende o mecanismo pulmonar, os bronquios e a traquea. O aparato fonador está formado pola larinxe que, á súa vez, se compón das cordas vocais, as cartilaxes cricoides, aritenoides e tiroides (a noz), etc. O aparato articulatorio está formado polos labios, os dentes, os alvéolos, o padal, a farinxe, a lingua, a úvula, o canal rinofarínxeo e as cavidades nasais.
-
aparato fonético
-
Conxunto de datos de carácter histórico, arquivístico, diplomático, filolóxico, bibliográfico, etc, facilitados polo editor dun texto para xustificar unha determinada interpretación dun texto literario ou dun documento. Pertencen ao aparato crítico as notas textuais, o glosario, a lista de variantes de lectura, os apéndices, as introducións e outras axudas que o responsable da edición considere de interese para a comprensión do texto.
-
...
-
-
-
Que representa o luxo ou a importancia de algo ou de alguén.
-
Que causa impresión entre os presentes.
-
-
-
Acción e efecto de aparcar.
-
Lugar destinado a estacionar vehículos, pode ser subterráneo ou ao aire libre.
-
Proceso automático polo que as cabezas de lectura e escritura dun disco duro son situadas sobre a superficie do mesmo de xeito que non a danen.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aparear ou aparearse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aparellar.
-
GALICIA
Víctor María Aparicio Abundancia. Pintor, músico e cantante. A súa actividade artística céntrase no campo da plástica -exposición na galería Ad Hoc de Vigo (1998)-, da música -é cantante do grupo Los coyotes- e da poesía. En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Achegouse tamén ao público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou diversos temas. O seu tema "Jaguarundi" foi o escollido por Televisón Española como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995. Ten no mercado diversos CDs: Lucha de migajas (2000), ¿A qué viene ahora silbar? (2004), Dos años...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ivenda nunha casa moderna que xeralmente está composta por un, dous ou tres cuartos e os correspondentes servicios de hixiene e cociña.