"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Cría da perdiz.
-
Perdiz macho.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cemiterio situado ao NL de París, coñecido administrativamente como o camposanto do leste. Construído polo arquitecto Alexandre-Théodore Brongniart (1803-1804), ocupa o lugar dun antigo convento de xesuítas. Conserva tumbas de destacados personaxes franceses.
-
PERSOEIRO
Pintor. De estilo barroco, foi discípulo de Pedro de las Cuevas en Madrid e traballou uns anos na Corte de Filipe IV. Cultivou a pintura relixiosa, a natureza morta e as vaidades, nunhas composicións con gran coidado dos detalles e unha contrastada luminosidade. Da súa produción destaca El sueño del caballero (1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Montederramo). O seu cumio acada os 1.048 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Pélérin.
-
PERSOEIRO
Político brasileiro. Foi gobernador do estado de São Paulo (1920-1924), e como presidente da república (1926-1930) conseguiu a estabilización da economía do país. Dimitiu pola insurrección comandada por Getúlio Vargas (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixiosa. Coñecida como María Antonia de Xesús, tomou o hábito das carmelitas descalzas en 1733. A mediados do s XVIII fundou o convento das Carmelitas Descalzas en Santiago de Compostela, obra á que dedicou gran parte da súa vida. Destacou como escritora de obras relixiosas e místicas, como Autobiografía (1754-1755), Edificio espiritual (1756) e Epistolario, onde se recolleron un bo número de cartas manuscritas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Próximo ao neorrealismo italiano, que tivo unha grande influencia en membros da súa xeración, os seus filmes caracterízanse pola descrición da realidade social e a busca das raíces culturais do seu país. Marcou o comezo do Cinema Novo brasileiro con Rio 40 Graus (1955), Rio Zona Norte (1957) e Vidas secas (1963). Da súa produción tamén destacan O amuleto de Ogum (1974), Na Estrada da Vida (1980), Jubiabá (1987), Cinema de Lágrimas (1995) e Guerra e Liberdade-Castro Alves em São Paulo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Víctor Campio Pereira.
-
GALICIA
Xurista. Profesor de dereito constitucional e da cátedra Jean Monnet na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na constitución europea e en teoría constitucional. Da súa produción destacan Against positive rights (1988), El Ejemplo constitucional de Inglaterra (1992), Invitación al estudo de la Constitución de los Estados Unidos (1998) e Doce tesis sobre la Política (2000). Foi membro da Political Studies Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, crítico e produtor musical. Comezou a facer programas de jazz en Radio Juventud da Coruña e colaborou con COPE Ferrol. Posteriormente creou unha produtora propia, Nosa, coa programación autónoma La Radio Feliz, que se converteu na primeira radiofórmula musical galega. Foi elixido xefe de programas de Antena 3 Radio en Galicia (1983) e tamén colaborou en Radio Nacional de España e na cadea SER. Impulsor dos concertos do Noroeste Pop Rock co Concello da Coruña, colaborou en diversas revistas musicais como Disco Actividad e Mundo Joven, e creou para La Voz de Galicia o suplemento semanal La Voz Joven (1979). En 1977 fundou a produtora discográfica Abrente, coa que gravou discos de Milladoiro, Xoán Rubia, Emilio Cao ou Xocaloma. Impulsor en España do termo “música celta” a partir do disco Fonte do Araño (1977), de Emilio Cao, publicou Cuadernos del jazz (1971) e En la cresta de la música. Del Blues al Rock and Roll (1977)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra inscríbese na estética barroca, en 1696 realizou seis lenzos para decorar o intradorso do arco de acceso ao camarín do Santo Cristo de Ourense con escenas da Paxión de Cristo, inspirados nos gravados de orixe nórdica. Destacan A oración no horto de Xetsemaní e O prendemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborou nas revistas Espadaña e Alba, onde publicou parte da súa produción poética. A súa obra reflicte elementos autóctonos mesturados con algúns trazos exóticos. É autor dos libros de poesía El regreso (1964) e Poemas de ciudades (1994); das novelas Un sitio para Soledad (1969) e Las ciudades de poniente (1994, Premio Torrente Ballester); dos libros de contos Una ventana a la carretera (1967, Premio Leopoldo Alas 1966), El síndrome de Estocolomo (1988, Premio Fastenrath) e Recuento de invenciones (2004); e dos ensaios Reseñas y confidencias (1985) e Crónicas de Villafranca (1997). Doutor honoris causa pola Universidad de León, foi galardoado co Premio Castilla y León de las Letras (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou coa revista Caminar (1975) e desde 1977 traballou no eido da publicidade, nacional e internacional, e en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Can sen Dono e Xo. Ilustrou obras como Os enredos de Olalla (1990), A fuxida dos nenos (1994), Gluf contra Blef (1998), Papá Ogro (1999), Soños de Carme (2000), Un susto para Glub (2000) e Estela, a domadora de ras (2002). Parte da súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Colaborou en publicacións como La Voz de Galicia e formou parte do grupo chamado Insurxentes, composto por X. L. Bugallal, xunto con A. Tenreiro, X. R. Villar Chao e A. Lago Rivera. O seu estilo evolucionou desde o expresionismo cara ao surrealismo e a arte abstracta, e buscou sempre un modo orixinal de expresarse que acadou sobre todo co surrealismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Couso (Gondomar). O seu cumio acada os 708 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Souto (A Estrada). O seu cumio acada os 656 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela). O seu cumio acada os 753 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de perentorio.
-
-
Que non admite tipo ningún de adiamento.
-
Que é definitivo e non se pode modificar.
-
Que se debe facer urxentemente.
-