Pereira Revuelta, Nonito
Xornalista, crítico e produtor musical. Comezou a facer programas de jazz en Radio Juventud da Coruña e colaborou con COPE Ferrol. Posteriormente creou unha produtora propia, Nosa, coa programación autónoma La Radio Feliz, que se converteu na primeira radiofórmula musical galega. Foi elixido xefe de programas de Antena 3 Radio en Galicia (1983) e tamén colaborou en Radio Nacional de España e na cadea SER. Impulsor dos concertos do Noroeste Pop Rock co Concello da Coruña, colaborou en diversas revistas musicais como Disco Actividad e Mundo Joven, e creou para La Voz de Galicia o suplemento semanal La Voz Joven (1979). En 1977 fundou a produtora discográfica Abrente, coa que gravou discos de Milladoiro, Xoán Rubia, Emilio Cao ou Xocaloma. Impulsor en España do termo “música celta” a partir do disco Fonte do Araño (1977), de Emilio Cao, publicou Cuadernos del jazz (1971) e En la cresta de la música. Del Blues al Rock and Roll (1977). Recibiu o Premio Record World (1978) como mellor produtor musical en fala hispana.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña