"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
PERSOEIRO
Libreiro e filósofo. Foi profesor de lóxica e psicoloxía nas universidades de Sevilla e Santiago de Compostela. En 1849 adquiriu a librería de Rey Romero. Ademais das súas colaboracións na prensa, publicou Programa de la asignatura de psicología y lógica de la Universidad de Santiago (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que provén do latín constantĭa ‘constancia, perseverancia’, substantivo derivado do cognome romano constans, constantis ‘constante, consistente’, moi empregado na época medieval. Presenta a variante Constanza, correspondente feminino de Constancio, antropónimo que ten a mesma orixe pero que se introduciu a través do latín constantĭus. A festa de santa Costanza celébrase o 21 de outubro e a de san Constancio o 11 de marzo.
-
PERSOEIRO
Raíña de Hungría e emperatriz do Sacro Imperio, filla de Afonso I de Aragón e de Sancha de Castela. Casou con Eimerico I de Hungría, quedou viúva en 1204 e catro anos despois casou co rei de Sicilia Federico II, quen posteriormente sería emperador do Sacro Imperio (1220).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Mallorca, filla de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. Casou co infante Manuel, fillo de Fernando III o Santo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Mallorca (1325-1344), filla de Afonso IV o Benigno de Aragón e Tareixa de Entenza. Casou en 1335 co seu curmán Xaime III de Mallorca e tivo dous fillos, Xaime IV e Isabel. En 1343 o seu irmán, Pedro IV o Cerimonioso, despoxou os seus fillos do reino e tiveron que fuxir a Francia no 1346.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León e Castela, filla do duque Roberto de Borgoña. Casou con Hugo II, conde de Chalons-sur-Saône, e colaborou no goberno axudando os monxes de Cluny ata que enviuvou. En 1080 casou en segundas nupcias con Afonso VI. Influíu na política do seu marido, conseguiu privilexios para os monxes de Cluny e impulsou a loita contra os musulmáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Lancaster. Pretendeu o trono de Castela como filla lexitimada (1362) de Pedro I e de María de Padilla. Recoñecida herdeira polas Cortes (1363), casou en 1367 co Duque de Lancaster. Foron recoñecidos reis de Castela pola corte inglesa (1372), pero renunciaron ao título polo Tratado de Baiona (1388), que estipulou o casamento da súa filla, Caterina de Lancaster, co futuro Enrique III de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia. Filla de Afonso VII e Berenguela, casou con Luís VII en 1154, cando este repudiou a súa primeira esposa, Leonor de Aquitania. Foi enterrada en Saint Denis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz (1191-1198) e raíña de Sicilia (1189-1198). Filla de Roxerio II de Sicilia, casou con Enrique VI, fillo primoxénito do Emperador Federico I, no ano 1186. Gobernaron xuntos en Sicilia despois da morte sen herdeiros de Guillerme II (1189) e tiveron que enfrontarse ás reivindicacións dos baróns normandos de Sicilia, que elixiran como sucesor a Tancredo de Lecce. Coroada emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico en Roma, permaneceu á fronte do reino despois da morte de Enrique VI (1197), e dominou as loitas entre alemáns e normandos. Impuxo o seu fillo Federico como herdeiro do reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela e León (1297-1312), filla de Dionisio de Portugal o Liberal e Isabel de Aragón. Recibiu o título de raíña dende o momento en que se estableceu o acordo nupcial, pero non casou con Fernando IV de Castela ata 1302. Tivo dous fillos, Leonor e Afonso XI, e trala morte do seu esposo apoiou a causa do infante Pedro (1290-1319), o seu cuñado, que proclamou rei de Castela o seu fillo Afonso XI (1312-1350). Foi a súa titora, xunto con María de Molina e os infantes Xoán e Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón (1276-1302) e Sicilia (1282-1302), filla de Manfredo de Sicilia e Beatriz de Savoia. Casou con Pedro III o Grande no 1262 e foron coroados reis de Aragón en 1276, trala morte de Xaime I. Despois das Vésperas Sicilianas, o seu marido reclamou o título de reis de Sicilia apoiándose nos seus dereitos e foron coroados en Palermo (1283), onde permaneceu como gobernadora reprimindo a sublevación de Gualterio de Castagirone. Loitou para acabar co enfrontamento dos seus fillos Xaime e Federico. Á morte de Pedro III (1285), mandou coroar como rei de Sicilia o infante Xaime e tomou os hábitos de clarisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustradora e pintora. De formación autodidacta, realizou estudios de deseño e moda e traballou como figurinista no cine e no teatro. Colaborou en La Voz de Galicia cos artigos semanais “Retrato de mujer” (texto e ilustración) e participou en distintas exposicións, como a organizada por GALIX, Debúxame un conto, e na colección de obras de teatro do CDGA cos figurinos para Viaxe e fin de D. Frontán de Rafael Dieste e Nin me abandonarás nunca. Entre outros libros, ilustrou Un ano de fábula en catro estacións (1994) e O lobo e o grilo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Logo de traballar no mundo castrexo, especializouse na arte rupestre. Foi comisario das exposicións Petroglifos del litoral sur de la Ría de Vigo (Vigo, 1985), A arte rupestre galega cara ao século XXI (Vigo, 1998) ou De Vigo a Santiago Arte Rupestre de Galicia (Turín, 2000). Colaborador de diferentes publicacións especializadas, é coautor, entre outros estudios, de Petroglifos del litoral sur de la ría de Vigo (1984), Los grabados rupestres de Galicia (1993), La figura humana en los grabados rupestres del continente europeo (1995), Los grabados rupestres en las regiones del Orinoco (1997), Arte Rupestre al sur de la ría de Vigo (1999) e El arte rupestre de Galicia (2000). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, da Asociación Arqueolóxica Viguesa e da International Federation Rock Art Asociation (IFRAO).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogada. Licenciada en Dereito e diplomada en criminoloxía. No ano 2000 foi elixida deputada do Partido Popular no Congreso de los Diputados pola circunscrición de Lugo. No Congreso ocupou os cargos de secretaria segunda da Comisión de Xustiza e Interior e foi vogal da Comisión Constitucional e da Comisión Mixta para o estudo do problema das drogas. Membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Lugo, tamén colabora na Escola de Práctica Xurídica da capital lucense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo con Camilo Nogueira. Entre outros materiais empregou o ferro, a pedra, a madeira, o papel, o cartón e a cerámica. Nas súas obras, de carácter abstracto aínda que cun fondo figurativo e próximas ao minimalismo, buscou traballar coa materia. Realizou exposicións individuais, entre as que destaca a celebrada na Sala de Arte Caixavigo (1985), e participou en mostras colectivas, entre elas a colectiva ao aire libre da praza da Princesa de Vigo (1970), a Bienal de Pontevedra (1981) e I Mostra Unión Fenosa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Emigrou a Arxentina, onde ingresou na orde franciscana. Foi mestre de postulantes e profesor de sagrada escritura e linguas orientais en Córdoba, onde fundou o movemento xuvenil Juventud Antoniana. En 1930 foi nomeado vicario capitular de Catamarca e en 1934 formou parte da delegación arxentina no Congreso Eucarístico Internacional. Traballou a prol dos emigrantes galegos na Arxentina, aos que axudaba a encontrar traballo, e foi un gran difusor da cultura galega. En outubro de 1926 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ara retorta que se emprega para atar os feixes.
-
costra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Cosyns (? - 1708?) Escultor e arquitecto flamengo. Traballou en Bruxelas, onde realizou, entre outras obras, a fachada da casa do rei de España (1697) na Gran Praza e a decoración de Notre Dame della Chapelle.