Costas Frade, Ana

Costas Frade, Ana

Ilustradora e pintora. De formación autodidacta, realizou estudios de deseño e moda e traballou como figurinista no cine e no teatro. Colaborou en La Voz de Galicia cos artigos semanais “Retrato de mujer” (texto e ilustración) e participou en distintas exposicións, como a organizada por GALIX, Debúxame un conto, e na colección de obras de teatro do CDGA cos figurinos para Viaxe e fin de D. Frontán de Rafael Dieste e Nin me abandonarás nunca. Entre outros libros, ilustrou Un ano de fábula en catro estacións (1994) e O lobo e o grilo (1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo