"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Navegante portugués. En 1419 participou na segunda expedición á illa de Porto Santo, arquipélago de Madeira, onde se estableceu (1428?) e levou a cabo o poboamento por orde de Enrique de Portugal, que o nomeou donatario dela en 1446.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, as súas principais liñas de investigación son a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. Foi un dos coordinadores do Atlas Climático de Galicia (1999) e publicou Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego (1979), Xeografía de Galicia (1982) e Nuevas observaciones sobre el glaciarismo y periglaciarismo del NO de la Península Ibérica: La Galicia Suroriental (1982). É académico correspondente da Real Academia Galega (2004), membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e membro fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De tendencia posromántica, o seu traballo está marcado pola melancolía e por un ton poético rico en matices. Foi precursor do modernismo en Venezuela, sobre todo a través das súas traducións de H. Heine e E. A. Poe, en especial da obra deste último, The Raven. A súa poesía foi recollida nos libros Estrofas (1877) e Ritmos (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudou con F. Pedrell e no Conservatorio de Madrid, onde exerceu como catedrático de Harmonía (1911-1943). Dirixiu a Orquesta Filarmónica de Madrid (fundada por el en 1915) e a Orquesta Nacional. Sucedeu a Turina como comisario xeral de música (1949-1956). Promocionou a música contemporánea española e compuxo diversas obras, das que destacan a suite sinfónica A mi tierra (1898) e a versión que realizou da Marcha Granadera, aceptada oficialmente como Himno Nacional de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, fillo de Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneyra. Cabaleiro da orde de Calatrava, foi capitán en Flandres e sucedeu a seu pai no goberno de Filipinas (1593-1595) e conseguiu evitar o ataque dos chineses a Manila, ademais de pacificar Isabela e outros territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1814), ministro de Estado (1820-1821 e 1838-1840) e embaixador en Lisboa (1834-1848). Presidiu o Consello de Ministros (1838-1840) e, coa derrota do goberno, tivo que exiliarse ata que acabou a rexencia de B. Espartero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, sétimo duque de Medina Sidonia, conde de Niebla e marqués de Cazaza. Capitán xeneral da costa de Andalucía, Filipe II nomeouno capitán da Armada Invencible (1588). Atribuíuselle parte do fracaso da Armada pola súa incompetencia, aínda que posteriormente foi vicerrei de Andalucía e capitán xeneral do Mar Océano (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, dramaturgo e articulista. Marchou a Madrid en 1862 para estudar dereito e alí coñeceu a Francisco Giner de los Ríos, que o introduciu no krausismo e con quen frecuentou diversos parladoiros literarios. Desde 1865 colaborou coa Revista del Movimiento Intelectual de Europa e con La Nación, onde realizou retratos literarios de moitas figuras célebres deses anos. En 1868 viaxou a París e coñeceu os grandes novelistas franceses da época. A súa primeira novela, La Fontana de Oro (1867), xa anunciaba o que serían os Episodios nacionales. As dúas primeiras series da obra foron publicadas entre xaneiro de 1873 e decembro de 1879, e tres series máis entre 1898 e 1912. O autor buscaba con esta obra facer a historia novelada de gran parte do s XIX, desde 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica. Durante eses anos tamén participou en política (1886-1890) como deputado no Congreso polo partido de Sagasta....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e lingüista. Coñecido co pseudónimo de Ernesto Guerra da Cal, realizou os seus estudos universitarios en Madrid, que alternou coa súa afección ao teatro no grupo de teatro La Barraca. Alí contactou con Federico García Lorca e foi un dos principais animadores do autor andaluz á hora de escribir os seus seis poemas en galego. Durante a Guerra Civil Española alistouse nas Milicias Galegas, traballou na sección exterior do servizo de información militar do Ministerio de Guerra e colaborou na revista Nova Galiza. Na fin do conflito marchou a EE UU, onde se exiliou, e en Nova York finalizou os seus estudos cun doutoramento en Filoloxía Románica na Columbia University. Pertenceu á Xeración de 1936 e mantivo contacto cos intelectuais máis importantes da súa época. Persoa de convicións nacionalistas, en 1977 renunciou á nacionalidade española como partidario da integración de Galicia no mundo lusófono, instalouse en Portugal e defendeu a liña reintegracionista,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e economista. Presidente de Pérez Rumbao SA, de Unvi SA e de Autopark Ibérica SA, foi presidente fundador da Confederación de Empresarios de Ourense e presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Director do Museo das Peregrinacións, foi subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia e dirixiu os traballos arqueolóxicos do xacemento castrexo de San Cibrao de Las (Punxín e San Amaro). Escribiu, entre outros, De ourivesaría castrexa (1982) e Sellos de alfarero en Terra Sigillata Itálica encontrados en Mérida (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Formado en Madrid, Múnic e Viena, exerceu como director da Orquesta Sinfónica de Asturias (1980-1988), director invitado da Orquesta Nacional de España (1987-1988), director titular e artístico da Orquesta Sinfónica de Tenerife, desde 1986, e simultaneamente, desde 1993, director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia. Dirixiu, entre outras, a Philharmonia e a Royal Philharmonic de Londres, a Verdi de Milán, a Sinfónica de Berlín e Sinfónica de Helsingborg (Suecia). Recibiu o Premio Ondas (1992), o Premio Nacional de Música no apartado de interpretación (1995) e a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista. Traballou na pintura e na música pero centrouse na cerámica co modelado de barro. A súa obra caracterizouse pola temática popular e a sinxeleza. Traballou con Maximino o Bolica e con Lelo de Beloi, co que aprendeu a técnica da cocción e a empregar os óxidos. Da súa produción destaca Nadal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Maxistrado e notario da Coruña, foi deputado nas Cortes polo distrito de Chantada (1903-1905). Defensor do dereito foral galego, a súa obra está baseada nos testemuños reais que foi recollendo das sentenzas xudiciais dos tribunais galegos. Da súa produción destacan Ponencia sobre foros (1899), El derecho foral de Galicia (1915) e Proyecto de Apéndice al Código civil aprobado por la Comisión especial del Derecho foral de Galicia (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor. Especializado en teoloxía dogmática pola Universidad de Salamanca, pertenceu ao consello de redacción da revista Encrucillada, foi director da asociación e da revista Irimia e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988), no que investigou o pensamento relixioso dos membros da Xeración Nós; Galegos e cristiáns: deus fratesque gallaeciae (1994), Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997), A romaxe de crentes galegos: de Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (1998) e Con cordas de tenrura (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como Manuel Antonio, foi o máximo representante do movemento vangardista en Galicia, xa que soubo conxugar o espírito das diferentes correntes vangardistas europeas e hispanoamericanas co pensamento da sociedade galega da época. Aos catro anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria Flavia, onde recibiu unha formación fundamentalmente católica, que deu paso a unha incipiente xermanofilia e o interese polo carlismo. Malia que a intención da familia era que continuase a súa formación católica, aos trece anos decidiu marchar a Santiago de Compostela, onde principiou os seus estudos de bacharel. Foi aquí onde comezou o seu compromiso co galeguismo e o republicanismo, particularmente tras o seu ingreso no Centro Republicano de Santiago. Por eses anos mantivo correspondencia co seu curmán Roxelio, quen máis o animou a escribir, e con outros políticos e intelectuais galeguistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 8.8.1948) Político. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985-1990), e secretario xeral de Infraestruturas no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente (1990-1994). Deputado no Parlamento galego desde 1997 e secretario xeral do PSdeG-PSOE, desde 1998 é membro da executiva federal do PSOE. Participou no Pacto do Hostal e no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia. Escribiu Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña produción campesina (1983), Economía campesiña e capital: A evolución da agricultura galega: 1960-1980 (1983), A Galicia emprendedora (2000) e En clave de país (2001), ademais de numerosos estudos sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da UE.
-
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, realizou estudos de dereito. Foi deputado no Parlamento galego (1980-1997), director xeral de Relacións Institucionais (1983-1986), vicepresidente (1986) e presidente (1986-1989) do Parlamento galego, concelleiro en Ourense (1990), deputado na Deputación de Ourense (1990), senador (1990-1991), conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1991-1997) e vicepresidente da Conferencia Nacional de Agricultura (1994-1997). Foi patrón da Fundación Ferial Semana Verde de Galicia (1991-1997), conselleiro do IGAPE (1991-1997) e membro dos consellos reitores de diversos parques naturais de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, as medallas de ouro de Feiraco, Irmandiños, Semana Verde e Ternera Galega.
VER O DETALLE DO TERMO