"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Lesión non inflamatoria do periósteo, que se pode transformar en exostose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da orde dos psitaciformes, de 18 cm, de cor verde, coa cabeza amarela e coas as partes superiores festonadas transversalmente de amarelo e negro. Presenta unha mancha vertical en cada meixela, tres puntos negros en ambos os dous lados do pescozo e o rabo azul escuro de 10 cm de longo. É gregario e nómade. Apreciado en todo o mundo como ave de gaiola, pódese domesticar e aprende con facilidade, especialmente á hora de imitar sons, sobre todo a voz humana. Importouse por primeira vez no ano 1840 a Reino Unido, e desde entón conseguiuse, selectivamente, unha gran cantidade de cores e tons. Vive en Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pausa ou intervalo anterior á sístole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento que no espiritismo funciona como intermediario entre o mundo material (corpo) e o inmaterial (espírito), e que participa da natureza de ambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade tónica das paredes do estómago coa que este órgano se adapta ao contido despois de inxerir os alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de dentes da cápsula de moitos brións, situados baixo o opérculo, e que regulan a saída de esporas.

    2. Zona membranosa que envolve o orificio bucal dos equinoideos e dos asteroideos. Nos equinoideos contén cinco pequenos tentáculos de carácter táctil, algúns pequenos pedicelarios e pequenas agullas esqueléticas soltas. Nos asteroideos o peristoma está espido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é experto ou ten habilidades nun oficio ou nunha determinada materia.

    2. Persoa que posúe o título de enxeñeiro técnico.

    3. Persoa que posúe certa formación científica, técnica ou artística, e que acode a un xuízo para ditaminar sobre feitos que requiren o seu coñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Somatogamia propia dos basidiomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana serosa, de orixe mesodérmica, que tapiza as paredes da cavidade abdominal e a superficie exterior das vísceras que contén. OBS: Tamén se denomina membrana abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame da cavidade peritoneal, insuflada con gas ou aire, mediante un endoscopio introducido a través dunha pequena incisión feita na parede abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo sintomático que simula unha peritonite aguda, sen que haxa, de feito, inflamación do peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do peritoneo, que pode ser aguda ou crónica, séptica ou aséptica, primaria ou secundaria, e localizada ou xeneralizada. Clinicamente, maniféstase por un cadro de abdome agudo con dor importante, vómitos, defensa muscular e íleo paralítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada nas intervencións abdominais que ten por obxecto recubrir de serosa todas as superficies cruentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido permangánico. Os permanganatos presentan carácter oxidante, e os dos metais alcalinos son moi empregados na análise química.

    2. Anión de fórmula MnO 4 - , que presenta coloración violeta tanto en fase sólida como en solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador. As súas creacións destacan pola pureza de liñas, o minimalismo e a sobriedade. Xunto con María Freire creou unha primeira colección de muller. Creou a sociedade anónima Antonio Pernas, da que é presidente. Amosou os seus deseños nas pasarelas London Pret, Gaudí, en Barcelona, e Cibeles, en Madrid (1991-1999 e desde 2002). En 1992 inaugurou a súa primeira tenda na Coruña. Membro da Comisión Técnica de Deseño do Consello da Cultura Galega, cofundou a Asociación de Creadores de Moda de España. Obtivo o premio T de Telva al Mejor Diseñador Español (1997) e a Medalla Castelao (1997). Pertence ao Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse con Alexandre Nogueira e integrouse como oficial no obradoiro de Xosé Ferreiro Suárez. Realizou as esculturas de Neptuno e a Fama, nas fontes das prazas de Santa Catarina e Santo Andrés, na Coruña (1791-1794) e para a catedral de Santiago de Compostela realizou unha imaxe para a capela da Comuñón (1783). O seu fillo Xoán Pernas (? 1774-? 21.8.1846) realizou os hipocampos da fonte dos cabaliños da praza de Praterías de Santiago de Compostela (1825) e o Cristo da agonía para a capela das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as pernas curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Membro da familia nobre dos Portocarreiro, fillo de Gonçalo Viegas e Sancha Perez, segundo os Livros de Linhagens, a súa estirpe mantivo boas relacións coas cortes portuguesa e castelá e protagonizou diversos feitos desa época. Activo a partir de finais do s XIII, posiblemente na corte de Afonso III de Portugal, e de seguro na de Afonso X, escribiu catro cantigas de amigo: “Par Deus, coitada vivo”, “O anel do meu amigo”, “Ai meu amigu’ e meu senhor” e “Meu amigo quando s’ia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Comezou a súa carreira en 1913, que desenvolveu en España, Alemaña, Francia, Arxentina e EE UU. Dirixiu Boy (1926), El negro que tenía el alma blanca (1927), La verbena de la paloma (1934), Suspiros de España (1938) e Goyescas (1942), e produciu, entre outros filmes, El mesón del gitano (1970), do que tamén elaborou o guión.

    VER O DETALLE DO TERMO