permanganato

permanganato

(< per- + manganato)

  1. s m [QUÍM]

    Calquera sal do ácido permangánico. Os permanganatos presentan carácter oxidante, e os dos metais alcalinos son moi empregados na análise química.

  2. s m [QUÍM]

    Anión de fórmula MnO 4 - , que presenta coloración violeta tanto en fase sólida como en solución.