"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristina del Pino Segura Gómez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla composta por folíolos dispostos nos dous lados da raque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla pinnatinervia con divisións que chegan ao nervio medial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Valparaíso 25.11.1915) Militar e político chileno. Estudou na academia militar de Santiago e, en 1973, o presidente S. Allende nomeouno comandante en xefe do exército. En setembro de 1973 dirixiu un golpe de estado que depuxo e matou a Allende e o converteu no xefe da xunta militar que gobernou Chile. Desde 1974 presidiu a república e exerceu con gran rigor os seus poderes ditatoriais (2.115 vítimas durante o seu mandato). As eleccións de decembro de 1989 obrigárono a ceder o cargo a Patricio Aylwin, se ben continuou como xefe supremo do exército. En 1998 abandonou a comandancia do exército e autoproclamouse senador vitalicio de Chile, co que se asegurou a inmunidade diplomática. En novembro dese mesmo ano o xuíz español B. Garzón ordenou a súa detención en Londres e a extradición a España como acusado pola desaparición de cidadáns españois durante a ditadura chilena. Reino Unido non apoiou a extradición e en Chile nomearon un xuíz para investigar as causas criminais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Macrófago que absorbe líquidos tisulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso biolóxico que permite a determinadas células ou organismos unicelulares nutrirse mediante a incorporación de líquidos orgánicos, xeralmente solucións proteicas que forman vacúolos intracelulares.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao S da aglomeración de Madrid (31.340 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias metalúrxicas, de artes gráficas, químicas e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten pintas.
-
1 merlón.
-
maragota.
-
-
PERSOEIRO
Político e xurista portugués. Foi militante do Partido Popular Democrático/Partido Social Democrata e deputado na Assembleia Constituinte (1975). Foi ministro de Comercio e Turismo (1976-1977) e primeiro ministro do IV goberno constitucional (1978-1979). En 1981 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro e ministro de Defensa (1983-1985). Escribiu Teoria geral do Direito Civil (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e crítico da arte portugués. Iniciou a súa formación na Escola de Arquitectura de Lisboa. A súa vocación artística levouno a achegarse ás propostas plásticas do minimal e a arte conceptual a través das instalacións ou a utilización de materiais de refugallo. Colaborou nos xornais Diário Popular, Diário de Notícias e Expresso e publicou os ensaios O lugar da Arte (1988) e Menos Arte (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista portugués. En Peregrinação (1614) relatou as viaxes que realizou por Birmania, China, as Molucas, Siam e Xapón. É un documento importante sobre as xestas dos portugueses en Oriente durante o s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico portugués. Morreu no exilio, cando fuxiu da conquista castelá. A súa obra Imagem da Vida Cristã (1563-1572), impregnada de platonismo, é unha das obras mestras da prosa renacentista portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que exerce a arte da pintura.
-
Persoa que ten por oficio pintar inmobles, paredes, portas e outras cousas.
-
-
GALICIA
Ilustrador e debuxante. Xunto con Carlos López formou en 1993 o dúo de humoristas gráficos Pinto & Chinto. Comezaron publicando en El Correo Galego e O Correo Galego para, a partir de 1998, pasar ao Grupo Voz (La Voz de Galicia, Diario 16, Diario de León e o suplemento Xatentendo.com). Ilustrador de libros, dedicouse tamén á cartelaría e ao deseño publicitario. Como Pinto & Chinto publicou os recompilatorios Sobran as palabras (1999) e Dez por dous (2003), ademais do libro infantil Suca (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é digno de ser pintado.
-
Que chama a atención pola súa orixinalidade ou extravagancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á castaña cando vai adquirindo a súa cor característica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adquirir a castaña a súa cor característica.
-
GALICIA
Escritor, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Deixou dous poemas de carácter costumista na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores, de Farruco Portela Pérez, “O gato e a criada. Fábula”, en que se conta un episodio familiar con finalidade irónica; e “Un drama da aldea. (Dedicado aos habitantes da luna)”, en que se narra a relación dunha moza e un sacerdote.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director de orquestra, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Dirixiu o orfeón Los Amigos, de Pontevedra, co que conseguiu os primeiros premios dos certames musicais celebrados en Santiago de Compostela e Vigo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO