"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás Illas Feroe, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante das Illas Feroe.
-
Lingua do phylum indoeuropeo da familia xermánica (grupo setentrional), falada nas Illas Feroe. Descende do nórdico antigo, lingua dos poboadores viquingos, procedentes de Noruega, que a principios do s IX se asentaron nas Illas Feroe. Sometidos inicialmente polos noruegos, trala Unión de Kalmar (1397), impúxose paulatinamente ao dominio da lingua dinamarquesa que se reafirmou trala Reforma (mediados do s XVI). A partir do s XVI comezan a aparecer documentos e fragmentos escritos en feroés, como rexeitamento á imposición do dinamarqués. A primeira novela escrita en feroés aparece en 1909. A lingua escrita foi fixada polo lingüista feroés Venceslau Ulrius Hammershaimb (1819-1909) no ano 1846, pero non foi recoñecido e empregado na Igrexa, no ensino e na administración ata o s XX. A Lei de Autonomía de 1948 recoñece o feroés como lingua oficial, aínda que o dinamarqués tamén pode ser empregado nos medios oficiais. Emprega o alfabeto latino e, entre os seus trazos lingüísticos, cómpre...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia química segregada ao exterior por un organismo, que inflúe no desenvolvemento, a reprodución e o comportamento social doutros individuos pertencentes á mesma especie, especialmente dos insectos e dos mamíferos. Empréganse amodo de sinal específico, como atractivo sexual, para marcar o territorio e para promover a cohesión social. As feromonas son xeralmente ácidos orgánicos ou alcohois moi volátiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista poética do Batallón Literario da Costa da Morte aparecida a finais de 1997 en Cee. Editada pola asociación homónima, distribuíase gratuitamente. Consta de catro páxinas a unha cor, que cambia en cada número, destinadas á creación literaria e introducidas por un editorial. Colaboraron nela numerosos escritores e poetas da comarca fisterrá.
-
PERSOEIRO
Historiador e liturxista francés. Monxe beneditino, estudiou os manuscritos visigodos do mosteiro de Silos e da antiga liturxia hispana. Das súas obras destacan as edicións do Liber Ordinum en usage dans l’Église wisigothique et mozarabe d’Espagne du cinquième au onzième siècle (Liber Ordinum que usaba a igrexa visigoda e mozárabe de España entre os ss V e XI, 1904) e do Liber Mozarabicus Sacramentorum et les manuscrits mozarabes (Liber Mozarabicus Sacramentorum e os manuscritos mozárabes, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Aplícase ao animal que ataca e devora as súas presas de igual ou maior tamaño.
-
Aplícase á persoa que e é moi cruel e despiadada.
-
-
Que causa terror ou é terrible.
-
Que é agresivo ou violento e provoca moito destrozo.
-
-
-
Forma prefixada que indica a presenza de ferro divalente (Fe 2+ ).
-
Forma prefixada que indica a presenza de ferro metálico, empregado sobre todo na denominación de aliaxes.
-
-
-
Acción e efecto de ferrar.
-
Marcaxe que se lles fai cun ferro aos animais que viven libres no monte.
-
Reforzo de ferro que se lles pon na punteira da sola aos zocos.
-
Lámina de ferro que rodea as rodas do carros para reforzalas ou para evitar que se desgasten.
-
Peza de ferro curva que vai colocada nos cascos dalgúns animais como protección.
-
-
FAMILIAS
Familia de músicos e compositores italianos. Domenico Maria (Boloña 1513 - 1574) foi mestre de capela de San Petronio, da capela papal de Roma e autor de numerosos madrigais. O seu fillo Alfonso (Boloña 1543-1588), chamado Alfonso I, compuxo madrigais, cancións e obras para laúde, e o seu neto Alfonso (Londres 1575? - Greenwich 1628), coñecido como Alfonso II, foi laudista, cantante e violista. Traballou na corte inglesa e compuxo pezas para laúde e viola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Cristovo de Corneira (A Baña). A súa planta adopta a forma rectangular cun corpo redondeado que se engadiu nun lateral. Conserva un patín na fachada principal. Na porta destaca un lintel do s XVI e sobre a xamba da porta consérvase un relevo cunha inscrición. Os escudos eluden aos Romero e Moscoso.
-
-
Recipiente, normalmente de metal, cunha asa ou mango longo, que se emprega para sacar líquidos dun recipiente máis grande.
-
Lámina de ferro rectangular con mango que se usa para coller percebes, ameixas ou mexillóns.
-
Recipiente cilíndrico ou troncocónico, semellante á sella, feito de táboas de madeira colocadas ao redor dun aro de ferro, que serve para conter ou transportar auga.
-
Nome que recibe o ferrado nalgúns lugares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha gaivota sobre ondas de auga de azul e prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un morteiro de ouro.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cullerón de ferro con mango e forma semiesférica que se emprega na cociña para servir a comida ou coller líquidos.
-
-
Unidade métrica tradicional galega, que se emprega para medir superficies das parcelas agrarias e forestais e tamén para medir o volume dos grans. En principio o ferrado é unha medida de capacidade de áridos. O seu valor varía entre unha comarca (ou incluso parroquia) e outra. Como medida de superficie empregábase nun principio como a referencia da capacidade produtiva potencial dunha parcela, de feito que indicaba a cantidade de ferrados de capacidade que se tiraban dunha colleita nesa parcela; de aí que as diferencias de valor da medida se manifesten mesmo no interior dunha mesma parroquia, onde o tamaño dun ferrado de monte adoita ser maior que o dun ferrado de terra de labor.
-
Recipiente ou caixón con forma de trapecio que ten esa capacidade.
-
-
-
de ferrar.
-
Que ten ferraduras ou ferras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio ferrar. O seu traballo consiste en axustar a ferradura que fai o ferreiro ao casco dun animal. As ferramentas que emprega son a bigornia, armada nun cepo de madeira, o martelo, o rematador, as tenaces, o puxavante e a lima da madeira. O primeiro que fai e tirarlle ao animal as ferraduras vellas co rematador e as tenaces, logo co puxavante recorta o que sobra do casco e por último, coa lima iguala ben todo e escolle a ferradura axeitada, corrixindo na bigornia o que precise, logo mete os cravos co martelo, de maneira que a punta saia polo lado do casco; alí corta o sobrante coas tenaces, e deixa saír un pouco para dobrar co rematador. Para este traballo cómpre que alguén lle axude a erguer as patas do animal.
-
-
Peza de ferro en forma de semicírculo prolongado por dúas ramas que se aproximan polos seus extremos, que se crava nos pezuños dalgúns animais, sobre todo cabalos, vacas e bois, para que non se lles desgasten ou ben para que non se manquen. Tradicionalmente, constitúe un símbolo da defensa do cabalo, por iso adoita colocarse nas entradas das casas, cortes, garaxes, etc, como salvagarda contra os malos espíritos; mesmo, ás veces, tamén é usada como medio de defensa a propia pata do cabalo morto. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con ferradura ou sen ferradura, coida ben a túa mula. Ferradura que choquelea, cravo lle falta”.
-
Reforzo de ferro que se coloca na punteira das solas dos zocos para que non se desgasten.
-
-
Calquera cousa de forma semellante á peza que se coloca como protección nos pezuños dalgúns animais.
-
Anaco de carne do pescozo do porco que presenta a forma deste obxecto.
-
-
Figura heráldica que simboliza sorte e salvagarda contra os malos espíritos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Fentáns (San Xurxo de Sacos, Cotobade), nunha rocha granítica inclinada e orientada cara ao S. Os gravados sitúanse en dúas áreas escultóricas. Na zona N aparecen representadas unha combinación de círculos concéntricos con trazos pegados no seu anel exterior e unha serie de pegadas de cérvidos que se dirixen cara a ela e que polas diferencias no seu tamaño representarían distintos individuos. Na zona S está representada unha escena de caza, formada por sete figuras antropomorfas armadas, un conxunto de cérvidos e unha serie de ídolos cilindro. Na área central do conxunto hai que salientar a figura dun cervo macho de gran cornamenta no que se distinguen impactos de arma, un ídolo cilíndrico superposto lixeiramente á asta do cervo, e que parece que ten unha tatuaxe facial, e unha figura antropomorfa que porta na súa man esquerda un pequeno escudo e na dereita unha espada corta de grandes dimensións. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974.