"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Calidade de irrefranxible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irrefutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de irresponsable.

    2. Feito ou dito irresponsable.

    3. Impunidade da que gozan os xefes de Estado pola que non son responsables dos seus actos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irreversible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irrevogable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de irritable.

    2. Capacidade fundamental dos seres vivos que reaccionan ante os estímulos do medio (interno e externo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muafā ẓ a de Exipto (1.442 km2; 714.800 h [1996]). A súa capital é Ismailia, situada ao L do delta do Nilo (255.134 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento sectario do xiísmo que admite a Ismā’īl como o sétimo e derradeiro imán e que se separou dos imanitas por mor da sucesión de Ǧ a’far al-Sādiq. O ismailismo propagouse pronto en Persia e no N de África mediante a predicación de misioneiros (dā’i). Filosoficamente, a súa doutrina baseábase no sistema neoplatónico. O ismailismo deu lugar ao establecemento do califato fatimita e outros movementos sectarios como o druso, o mustalí e o nizarita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ismailismo.

    2. Seguidor do ismailismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén o radical isobutilo.

    2. Alcohol primario presente no aceite de fusel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos compostos que conteñen o radical isopropilo.

    2. Alcohol secundario que se obtén a partir do propileno ou por hidroxenación da acetona.

    3. Líquido que ferve a 68 °C e ten unha densidade 0,73. Obtense como subproduto na obtención do alcohol isopropílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor suízo. A súa extensa obra reúne influencias do romanticismo, do idealismo alemán e do mundo grecorromano. Destacan L’effraire et autres poésies (1953), À la lumière d’hiver (1977), Pensées sous les nuages (1983) e À travers un verger (1984). Publicou tamén relatos en prosa poética, como La promenade sous les arbres (1957), L’obscurité (1961) e Paysage avec figures absentes (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de rock británico. Coñecido como Mick Jagger, en 1962 creou, xunto con Bill Wyman, Brian Jones, Keith Richards e Charlie Watts, o grupo The Rolling Stones, co que obtivo un grande éxito no mundo musical, con máis de trinta millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira. Dos moitos temas que fixeron del un auténtico mito do rock and roll destaca Satisfaction (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng homónimo, China (1.036.858 [1990]). Situada na ribeira esquerda do Sungari, é unha das cidades máis antigas da rexión. Ten industria petroquímica, química e alimentaria, con produción de azucre e extracción de aceite de soia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China (187.400 km2; 27.280.000 h [2000]). A súa capital é Changchun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arquitecto estadounidense. A partir de 1950 estudiou arquitectura en Harvard e recibiu a influencia de M. Breuer e Mies van der Rohe. Do racionalismo (casa Johnson, 1949) evolucionou cara a un eclecticismo clásico e goticista (igrexa dos beneditinos en Nova York, 1961), cualificado por el mesmo de “tradicionalismo moderno”. En Madrid realizou a Puerta de Europa (Torres Kio, 1998). Publicou The International Style. Architecture since 1922 (1932), con Henry-Rusell Hitchcock, e Mies van der Rohe (1947).   Recibiu o Premio Pritzker (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Foi profesor de física en Múnic. Mediu os coeficientes de dilatación dos gases e construíu o termómetro de aire que leva o seu nome, termómetro de Jolly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organizacións creadas en 1916 por membros de infantería do exército español, para a defensa dos seus intereses profesionais. En 1917 o goberno ordenou a súa disolución e a detención dos seus dirixentes. Un ultimato obrigou a M. García Prieto a liberar os presos (2 de xuño) e, finalmente, a dimitir (9 de xuño). Posteriormente, a súa forza hipotecou a autoridade dos gobernos constitucionais ata que a situación desembocou no golpe de estado de M. Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guizhou, China, situada ao L de Guiyang (113.958 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Maria Callas, foi discípula de Elvira de Hidalgo en Atenas. En 1947 comezou en Verona a súa carreira internacional interpretando La Gioconda, de Ponchielli. A súa voz, dunha grande extensión, xunto coa expresividade de que era capaz e o seu talento como actriz dramática, convertérona na diva indiscutible da ópera mundial durante a década de 1950. Retirada no ano 1965, por razóns persoais, volveu facer recitais con G. Di Stefano durante os anos 1973-1974, despois dos que se retirou definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO