isopropílico -ca

isopropílico -ca
  1. adx [QUÍM]

    Aplícase aos compostos que conteñen o radical isopropilo.

  2. alcohol isopropílico [QUÍM]

    Alcohol secundario que se obtén a partir do propileno ou por hidroxenación da acetona.

    Sinónimos: isopropanol.
  3. éter isopropílico [QUÍM]

    Líquido que ferve a 68 °C e ten unha densidade 0,73. Obtense como subproduto na obtención do alcohol isopropílico.

Palabras veciñas

isopropanol | isopropenilo | isopropilbenceno | isopropílico -ca | isopropilo | isóptero -ra | isoquimeno -na