"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • GALICIA

    Cantautor e músico. Coñecido como Xoán Rubia, en 1968 comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto cun grupo de músicos emerxentes que logo formarían Voces Ceibes. Ese mesmo ano compuxo as súas primeiras cancións sobre poemas de autores galegos, das que destacan Falade galego ou A emigración. En 1969 gravou o seu primeiro disco e a partir dese momento comezou unha serie de recitais e concertos por vilas e cidades de Galicia. En 1971 gravou outro disco con temas populares, dos que destacan Catro vellos mariñeiros ou Vexo Vigo. En 1976 editou o disco titulado Lembranzas e, xunto coa cantante María Manuela, lanzou o disco Panxoliñas. Posteriormente, editouse Nadal, que complementaba o anterior, compuxo novas cancións e actuou en numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Pepe Rubianes, iniciouse co grupo Dagoll Dagom en Barcelona nos espectáculos No hablaré en clase (1977) e Antaviana (1978), e con Teatre Lliure en Operación Ubú (1981). A partir de 1981 comezou a traballar en solitario creando espectáculos como Pay-Pay (1983), Sin palabras (1987), Ssscum! (1992) e Rubianes, solamente (1987). Tamén realizou diversos traballos de interpretación nos filmes Barrios altos (1987) e El crimen del cine Oriente (1997). Recibiu o Premio Especial de la Crítica (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médica. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e inspectora médica desde 1987, foi xefa da Unidade de Concertos na dirección provincial do SERGAS na Coruña desde 2001. En 2005 foi nomeada conselleira de Sanidade, en representación do PSdG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, pai de Picasso. Formado en Málaga con Bernat Ferrandis, foi catedrático da Escuela de Bellas Artes de Málaga e conservador do Museo Provincial. En 1891 trasladouse á Coruña onde foi catedrático de debuxo e adorno da Escola Provincial de Belas Artes ata que en 1895 acadou unha cátedra na Escola da Llotja de Barcelona. Cultivou a natureza morta e a pintura de pombas. Orientou os inicios da carreira pictórica do seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou na orde franciscana en 1773 e secularizouse en 1808. Manifestou certo liberalismo e foi deputado nas Cortes de Cádiz representando a Canarias e o Reino de Galicia (1820-1822). Pediu a redución do décimo á metade, interveu contra a Inquisición, o voto de Santiago e os xesuítas e solicitou cambios radicais na Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Fundou o holding RUMASA en 1961, con empresas de diferentes sectores, que o goberno do PSOE expropiou en 1983. Creou a organización Partido Político TyE (Agrupación Ruiz-Mateos) coa que se presentou ás eleccións europeas e foi elixido deputado (1989). En 1997 celebrouse o xuízo do caso RUMASA e foi absolto. Co tempo creou un novo holding empresarial denominado NUEVA RUMASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Psicólogo. Doutor en Psicoloxía e catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación céntranse na participación política, nos movementos sociais, na violencia política e no nacionalismo. Escribiu, entre outras obras, Ideología y actitude (1982), Métodos y técnicas de investigación en psicología social (1986) e Psicología política (1996), e con outros autores Xuventude e política en Galicia (1992), Participación política, modelos teóricos (1993), Medios de comunicación de masas y conduta política (1997) e Do descontento á acción: a construción social da protesta (2004), ademais de ser un dos editores de Psicología y derechos humanos (2004) e Madrid 11-M: un análisis del mal y sus consecuencias (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Deputado pola Provincia Oriental, protestou pola exclusión da representación nacional cubana nas Cortes de 1837. Defendeu o reformismo e a automonía cubana, e rexeitou a anexión a EE UU (1848). Escribiu Protesta de los diputados electos por la isla de Cuba (1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico. Actor de comedia e dramático, protagonizou, entre outros filmes, Novios 68 (1967), Las largas vacaciones del 36 (1976), Asignatura pendiente (1976), Solos en la madrugada (1977), El diputado (1978), Epílogo (1984), El viaje a ninguna parte (1986), El vuelo de la paloma (1988), Un lugar en el mundo (1992), El pájaro de la felicidad (1993), Fumata blanca (2002) e Cosas que hacen que la vida valga la pena (2004). Dirixiu Soldados de plomo (1983), Cara de acelga (1987) e Yo me bajo en la próxima, y usted? (1992). Vinculado ao teatro, coprotagonizou os musicais El hombre de la Mancha e My fair Lady. Recibiu o premio ao mellor actor no Festival de Donostia por Un hombre llamado Flor de Otoño (1978) e o Fotogramas de Plata ao mellor actor por La Colmena (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e teólogo. Foi monxe de San Millán de la Cogolla (1645) e ensinou teoloxía no colexio de San Vicente e na Universidad de Salamanca. A súa obra antigalicana mereceulle de Inocencio XI o cardealado (1686). Recompilou os textos dos antigos concilios hispánicos en Collectio maxima conciliorum Hispaniae (1693-1756).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Colaborou con Luis Buñel durante a Segunda República (1931-1939) e converteuse no cineasta oficial do réxime franquista con filmes como Raza (1941), El escándalo (1943) e Los ojos dejan huellas (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1914 publicou o seu Primer libre de poemes, ao que seguiron a peza teatral Rondalla d’ esparves (1918) e a novela Paulina Buxareu (1919). Da man de J. Ortega y Gasset entrou no xornalismo como correspondente en Berlín do diario madrileño El Sol. Autor dunha obra extensa e variada, cun estilo rico e vitalista, mesturou formulacións temáticas e técnicas do modernismo con outros máis populares. En poesía destacan Cançons d´abril i de novembre (1918) e El comte Arnau (1928); no teatro La Rambla de les floristes (1935), ademais dos poemas dramáticos La corona d´espines (1930) e El Cafè de la Marina (1933). A súa novela Vida privada (1932) constitúe unha crónica costumista e proustiana da decadencia da aristocracia barcelonesa. Tradutor da Divina Comedia e do teatro de Shakespeare, adaptou con fortuna algunhas obras de Molière e Gogol’. Desta época tamén destacan as súas Memòries (1954)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Salamanca. Participou en conspiracións liberais e foi deputado (1836). Axiña iniciou a súa actividade financeira e adquiriu unha enorme fortuna. Unido ao sector puritano dos moderados, ocupou o ministerio de Facenda (1847), pero enfrontado con Ramón María Narváez Campos, dimitiu e ocupouse dos seus negocios. Representou ao distrito de Ortigueira como deputado (1853-1854) e na Restauración foi deputado e senador por outros distritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formouse con J. Coustou e en Italia (1740-1748). En 1751 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture. Traballou en Copenhaguen (1753-1774), onde fixo a estatua ecuestre de Federico V, na praza de Amalienburg, e dirixiu a Academia de Pintura e Escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e escritor. Foi catedrático de Estrutura Económica na Universidad Complutense de Madrid (1955-1969), subdirector (1962-1969) e asesor (1979-1981) do Banco Exterior de España e senador por designación real (1977-1979). Investigou sobre política industrial e a dinámica interna da economía. Das súas obras económicas destacan Realidad económica y análisis estrutural (1959), Las fuerzas de nuestro tiempo (1967) e Inflación: una versión completa (1976). As súas obras literarias máis destacadas son Congreso en Estocolmo (1952), El río que nos lleva (1962), El caballo desnudo (1976), Octubre, Octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real sitio (1993), Mientras la tierra gira (1993), El amante lesbiano (2000) e Los mongoles en Bagdad (2003). En 1990 ingresou na Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Costa Rica e da provincia homónima (309.672 h [2000]). Situada na Meseta Central, entre os ríos Torres e María Aguilar, é o primeiro núcleo comercial e industrial do país. Destaca a maquinaria agrícola, as fundicións, o calzado, os produtos químicos, os materiais para a construción, os produtos derivados da agricultura e a produción de café. Tivo un crecemento desmesurado a causa da forte inmigración. Fundada en 1738, prosperou rapidamente grazas ao cultivo da cana de azucre e, sobre todo, do tabaco. Cidade desde 1813, converteuse en capital estatal despois da Batalla de Los Altos de la Laguna (1823). Durante a guerra civil de 1948, foi unha zona clave e a súa ocupación polas forzas rebeldes decidiu a guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada preto da baía de San Francisco, no fértil val de Santa Clara (894.943 h [2000]). Posúe industrias químicas, de conservas de froitas, licores e fundicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Costa Rica (4.966 km2; 1.345.750 h [2000]). A súa capital é San José.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (4.992 km2; 103.104 h [2004]). A súa capital é San José de Mayo (34.552 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao SL de Jerez de la Frontera (4.268 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, cítricos e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO