"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro austríaco. Por conta de Austria, deseñou armas, especialmente fusís militares e pistolas automáticas que foron empregados polos exércitos alemán, austríaco, romanés ou neerlandés. Tamén alcanzou gran prestixio o seu rifle de caza, con mecanismo de ferrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Desenvolveu a maioría da súa obra en Lugo, cidade na que introduciu o movemento modernista así como o concepto de casa xardín coa construción de vivendas unifamiliares. Destaca o edificio de vivendas na praza de España, o Instituto Xoán Montes (1935-1936), de estilo racionalista, e o Mercado Municipal. O seu racionalismo tamén quedou patente en Ourense no edificio Constantino Bouzo (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. Foi deputado (1949-1959) e senador (1959-1966), e acadou a presidencia do estado filipino en 1965. Outorgoulle parte do poder á súa esposa Imelda Romuáldez Marcos e instaurou un réxime autoritario. O asasinato do principal dirixente da oposición en 1983, Benigno Aquino, e a expansión da guerrilla comunista e musulmana, obrigárono a convocar eleccións presidenciais en 1986, que gañou Corazón Aquino, o que provocou a súa fuxida a EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e duquesa de Montpensier, filla do Rei Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. Casou en 1846 con Antón de Orléans, duque de Montpensier, fillo do Rei Luís Filipe I de Francia. En 1868 foi expulsada, co seu marido, por conspirar contra a súa irmá, a Raíña Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada en Marignano, actual Melegnano (Lombardia), entre as tropas franco-venecianas e as do Imperio os días 13 e 14 de setembro de 1515. Despois dunha dura loita, os exércitos franco-venecianos impuxéronse ás tropas imperiais de Maximiliano Sforza nunha batalla que trouxo consigo o establecemento dos franceses en Lombardia (Tratado de Noyon, 1516).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sil. Nace no monte As Forcadas, na parroquia de Forcadela e Nogaledo e desemboca na da Proba (O Barco de Valdeorras).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á costa.

    2. Relativo ou pertencente ás comarcas das Mariñas ou aos seus habitantes

    3. Natural ou habitante das comarcas das Mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Láncara Construción situada en Bergondo. A edificación actual data do s XVIII e levantouse no lugar dunha antiga fortaleza dos Pérez das Mariñas. Mestura elementos barrocos e neoclásicos e orixinalmente tiña planta en forma de U, á que se lle engadiu en 1975 un novo corpo destinado a aloxamento. A fachada principal está presidida por unha escalinata de pedra que dá acceso ao patio de armas con dúas esculturas de pedra na parte inferior. A fachada posterior conta cunha solaina con balaustradas de cantería e cunha escalinata, con motivos esculturais barrocos, que dá acceso aos xardíns. No seu interior destaca a gran lareira. Conserva a capela, de estilo barroco e bo tamaño, que conta no interior cun retablo con tallas que se lle atribúen a Xosé Gambino. Fundado por Gómez Pérez das Mariñas no s XV, en 1936 o seu descendente Xeraldo Bermúdez de Castro, coñecido como Xeraldo Láncara, legou o pazo á Deputación Provincial da Coruña para fins sociais. Acolle unha interesante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Sada a partir de xaneiro de 1925 e que cesou aos poucos meses. Subtitulada “Revista quincenal ilustrada”, o seu director e propietario foi Eduardo García Ramos e centrou a súa información en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Membro de Esquerda Galega desde a súa fundación, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia na II lexislatura polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Copista. Capelán do cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, copiou en galego, tomando como referencia unha copia castelá, a Crónica Troiana. Este códice formou parte, durante moitos anos, da biblioteca do marqués de Santillana, para pasar logo a mans dos duques do Infantado e posteriormente á Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO