"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Recubrir ou impregnar algo con plástico.

    2. Engadir un plastificante a algunha materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa plástica, de diversas cores, que se emprega para modelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispersión viscosa dunha resina finamente dividida nun plastificante líquido, que se emprega para obter imitacións de coiro ao aplicala sobre un soporte téxtil, ou diversos obxectos por moldeamento e endurecemento posterior con calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de polos de ferrita mesturada cun aglutinante termoplástico que asocia as propiedades magnéticas do primeiro compoñente coas mecánicas do segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para determinar a plasticidade dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia e técnica que se ocupa da produción de plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinona de estrutura polimérica que, nos cloroplastos, actúa como un transportador electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza da armadura que protexía o peito.

    2. Peza de coiro acolchada que se coloca no peito e ventre para amortecer os toques de florete.

    3. Gravata longa que cobre parte do peito.

    4. Rexión ventral da cuncha dos réptiles quelonios, con forma de lámina moi plana e formada tipicamente por nove placas óseas, que se unen co escudo ou rexión dorsal da cuncha por medio dunhas placas duras coñecidas como pontes laterais.

    5. Zona de induración ao redor dun foco inflamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada na rexión de Litoral (556.308 h [2001]), a uns 50 km ao SL da capital do país, en Río de La Plata. Fundada en 1882, en pouco tempo converteuse nunha cidade moderna que é   centro administrativo, industrial e comercial de La Pampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moldura plana e lisa que sobresae da superficie dunha parede menos ca a súa propia alzada.

      2. Lintel de cantaría que se utiliza en vans de pouca altura.

    1. Faixa alzada de terra dun xardín ou parque, xeralmente construída ao pé dunha parede, e plantada de flores e arbustos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie chaira e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. plataforma petrolífera

        Estrutura que se utiliza para a perforación de pozos de petróleo no mar.

      1. Espazo que nas estacións de ferrocarril está situado ao longo dunha vía, a unha altura maior, que serve para facilitar o desprazamento e o embarque e desembarque de persoas, equipaxes e mercadorías.

      2. Parte inmediata á entrada ou saída dalgúns vagóns de tren, tranvías, autobuses, etc, desprovista de asentos.

      3. agón descuberto con laterais de pouca altura.

      4. plataforma xiratoria

        Peza circular que xira no interior dun foso, provista dunha ou de máis vías na súa superficie superior, que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora, un vagón, etc.

      1. Terreo chairo debido á erosión mariña, tras estar cuberto temporalmente polas augas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos tresquiornítidos, que presenta a plumaxe de cor branca, o peteiro longo e aplanado de cor negra co extremo amarelo, e as patas negras. En Galicia está presente como hibernante o cullereiro común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tresquiornítido.

    VER O DETALLE DO TERMO