"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martiño (O Bolo). O seu cumio acada os 1.225 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Anllóns pola dereita, que nace na parroquia de Xornes (Ponteceso) e desemboca na de Corcoesto (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan as árbores pequenas ou arbustos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Mandeo pola dereita que nace na parroquia de Negradas (Sobrado) e desemboca na de Curtis, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martín de Lúa (Pol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ramo pequeno de flores ou plantas.

    2. Conxunto de froitos ou froitas que están unidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como O Tigre de Maracaná, foi porteiro titular do F. C. Barcelona (1949-1961) e da selección española, coa que foi 36 veces internacional. Acadou a internacionalidade en México (1950) e consagrouse como un dos mellores porteiros do mundo nos campionatos de Brasil do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama pequena dunha árbore ou dun arbusto, xeralmente cortada.

    2. Cnidario mariño con forma de árbore.

    3. Alga clorofícea, de aspecto filamentoso, esponxosa e fixada ao substrato. É de cor verde escura, e mide ata 30 cm de lonxitude. Está presente en Galicia na zona mesolitoral, sobre as rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Santaballa (Vilalba). O seu cumio acada os 607 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un pau de prata. Outro trae escudo cortado: 1, de goles, un carballo de sinople resaltado o tronco dun xabarín de sable pasante; 2, de ouro, cunha aguia da súa cor, acompañada de dúas cunchas de vieira de prata, unha en cada cantón do xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.040 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Penarrubia (Baralla). O seu cumio acada os 935 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo intermareal coñecido como A Foz, situado na desembocadura do río Miñor ao S da ría de Vigo, entre os concellos de Nigrán e Baiona. As marismas están protexidas do mar mediante unha frecha litoral, a praia da Ladeira. O substrato rochoso está composto de xistos e granitos. Nas zonas centrais da marisma atópase o golfe, acompañado doutras algas verdes como a mantilla e outras do xénero Enteromorpha. As algas pardas presentes son a especie Ascophyllum nodosum e a corbela, que se localizan nos muros dos laterais do esteiro. Na fronte de colonización das areas finas e medias atópase a especie Salicornia ramosissima. Cando a duración da emersión das augas aumenta, outras plantas poden colonizar o substrato, como a especie Spartina maritima. No bordo da marisma, e en illotes elevados da zona intermareal, disponse a verdoaga marítima, mentres que nas zonas asolagadas só polas mareas vivas, e nas zonas de recheo artificial aparecen distintas especies...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nigrán baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Lucí, capital do concello de Teo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, foi realizada en cantaría granítica nun estilo de transición do románico ao gótico. Ten arcos semicirculares e oxivais, perfil alombado con tallamares triangulares e dez vans. Atópase no antigo camiño da Guarda a Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitas ramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico hindú. Estudou a óptica atómica e descubriu o efecto coñecido co seu nome (1928), polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1930. Investigou sobre a refracción da luz e do son, a fisioloxía do ollo humano e os instrumentos musicais. En colorimetría, estableceu unha teoría contraria ás ideas de Maxwell e da tricromaticidade. Fundou o Indian Journal of Physics (1926) e a Indian Academy of Sciencies (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO