Ramallo

Ramallo
[HIST/HERÁLD]

Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un pau de prata. Outro trae escudo cortado: 1, de goles, un carballo de sinople resaltado o tronco dun xabarín de sable pasante; 2, de ouro, cunha aguia da súa cor, acompañada de dúas cunchas de vieira de prata, unha en cada cantón do xefe.