"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Deixar en liberdade a alguén que está preso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminar a auga dun lugar que está encharcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recuperar o vigor aquilo que estaba murcho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar a volta a algo que está envorcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desertar.

      1. Delito que comete o militar que abandona sen permiso ou licenza o corpo do que forma parte ou o establecemento onde está destinado, ou que non se presenta ante a autoridade pertinente. O código de xustiza militar español considera deserción o feito de ausentarse da unidade ou do lugar de residencia máis de tres días consecutivos, que se entenderán cumpridos pasadas tres noites desde que se produciu a ausencia. En tempos de guerra, o prazo é de vinte e catro horas.

      2. Abandono que fai un litigante ou un procesado dunha apelación ou dun recurso. Implica a extinción do procedemento e a firmeza da resolución impugnada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desmarcar ou desmarcarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a marca dun obxecto marcado.

    2. Sacar os marcos a algo.

    3. Evitar un xogador, no fútbol e noutros deportes de oposición, ser marcado polos xogadores contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmarcarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten opérculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desopercula.

    2. Instrumento en forma de paleta que usan os apicultores para retirar dos panais os opérculos cos que as abellas tapan as celas que conteñen o mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retirar dos paneis das abellas os opérculos co fin de extraer o mel. A extracción realízase mediante a escorredura ou a centrifugación mecánica, sen destruír os paneis fixados nos cadros que se utilizan nas colmeas móbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separación de substancias adsorbidas sobre un sólido, polo contacto cun fluído adecuado. É a operación inversa á adsorción e adóitase realizar despois desta para recuperar os compoñentes adsorbidos durante a mesma e para rexenerar o adsorbente sólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de proporción ou equilibrio entre as partes dunha cousa ou entre dúas ou máis cousas.

    2. Reacción de autooxidación-redución pola que unha substancia osixenada dá lugar a outras dúas, unha máis rica en osíxeno cá outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desproporcionar.

    2. Que non garda a debida proporción.

    3. Que supera ou excede o que cabería esperar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar ou alterar a proporción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar torto.

    2. Desfacer a torsión de algo enrolándoo no sentido contrario ao da torsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución alemá con sede en Berlín dedicada á investigación da Antigüidade clásica do mundo mediterráneo e do Próximo Oriente. A súa orixe está no Istituto di Correspondenza Archeologica, fundado en 1829 e trasladado a Berlín en 1832. En 1874 creouse a sección de Atenas e posteriormente as do Cairo, Istambul, Madrid (1943), Bagdad e Teherán; e dúas comisións, unha en Frankfurt e outra en Múnic. En 1979 estableceuse en Bonn a Kommission für Allgemeine und Vergleichende Archäologie (Comisión para a arqueoloxía xeral e comparada), dedicada á arqueoloxía de fóra de Europa e do Vello Mundo. En 1996 creouse a sección do Próximo Oriente que uniu a sección de Bagdad e as estacións de Damasco e Sinaí, establecidas con anterioridade. Entre outras actividades organiza escavacións, expedicións, coloquios e congresos. Conta cun arquivo bibliográfico e outro fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. Estudiou filosofía en París. Nos seus estudios teóricos introduciu conceptos procedentes da psicanálise e da socioloxía. Colaborou na revista Tel Quel e foi un dos fundadores do grupo Support-Surface e da revista Peinture cahiers-théoriques. Entre os seus escritos destaca Histoire-critique d’une peinture (Historia-crítica dunha pintura, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Estudiou en Granada nas facultades de Dereito e Filosofía e Letras, traballou no ensino e posteriormente na Biblioteca Nacional de Madrid. Redactor xefe do semanario La Lectura Dominical, publicou La epopeya de Colón (1892), Odas y leyendas (1900) e Nuevas poesías (1925). Concedéuselle a Encomienda de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca natural e administrativa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as concas do río homónimo e a do Arnego, delimitadas por un conxunto de pequenos sistemas montañosos que a rodean polo L (serras do Farelo e do Faro), S (montes do Testeiro) e O (serra do Candán), e polo río Ulla, colector deses dous ríos, ao N. Abrangue unha superficie de 1.026,06 km2, nos que acolle 49.697 h (1996) distribuídos entre os concellos de Agolada (147,5 km2; 4.915 h), Dozón (74,18 km2; 2.538 h), Lalín (326,62 km2; 20.515 h), Rodeiro (154,8 km2; 4.578 h), Silleda (167,84 km2; 9.572 h) e Vila de Cruces (154,87 km2; 7.624 h). Limita ao N coas comarcas de Arzúa e de Terra de Melide, ao L coa Ulloa e Chantada, ao S co Carballiño e ao O con Tabeirós-Terra de Montes e con Santiago. A cabeceira comarcal é a vila de Lalín, favorecida polo seu emprazamento central no conxunto da comarca e por ser nó das comunicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO