deserción

deserción

(< lat desertĭōne)

  1. s f

    Acción de desertar.

  2. s f [DER]
    1. Delito que comete o militar que abandona sen permiso ou licenza o corpo do que forma parte ou o establecemento onde está destinado, ou que non se presenta ante a autoridade pertinente. O código de xustiza militar español considera deserción o feito de ausentarse da unidade ou do lugar de residencia máis de tres días consecutivos, que se entenderán cumpridos pasadas tres noites desde que se produciu a ausencia. En tempos de guerra, o prazo é de vinte e catro horas.

    2. Abandono que fai un litigante ou un procesado dunha apelación ou dun recurso. Implica a extinción do procedemento e a firmeza da resolución impugnada.

Palabras veciñas

desequilibrio | desequipado -da | desequipar | deserción | desermar | deserta | desertar